A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos inaugura mañá unha exposición escultórica sobre a relación entre espazo e tempo

limiteCristina Sánchez, autora da mostra:
“La finalidad del trabajo es trasladarlo al campo arquitectónico para dotar de densidad y complejidad a lo construido”

Inaugurarase mañá, ás 20:00 horas, na sala de exposicións da delegación


A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura mañá martes, 20 de decembro, ás 20:00 horas, a exposición limitedenso. Na inauguración estarán presentes o presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia, José Manuel López Mihura; o secretario do Colexio, Víctor Ramos; a tesoureira e presidenta da Comisión de Cultura do Colexio, Marta Trasancos; e a autora da exposición, Cristina Sánchez.

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos inaugura mañá unha exposición sobre os distintos modelos de cadeiras do último século

sillaLuis Gil e Cristina Nieto, comisarios da mostra:

“Hasta principios del siglo XX las sillas, el asiento elevado     del suelo, practicamente estaba reservado a las jerarquías     más altas de la realeza, la aristocracia y la iglesia”

Inaugurarase mañá, ás 20:00 horas, na sala de exposicións da delegación


A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura mañá martes, 15 de novembro, ás 20:00 horas, a exposición O asento como arquitectura e a arquitectura como asento, unha mostra que recolle os modelos de asento do século XX. Na inauguración estarán presentes o presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia, José Manuel López Mihura; e os comisarios da exposición, Luis Gil e Cristina Nieto. Ademais, a escritora Luisa Castro Legazpi lerá o texto: "Unha muller e unha silla".

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos e o Concello inauguran un seminario internacional sobre a relación entre a cor e a cidade

Ignacio_Prez-Jofre•    Participan restauradores, historiadores e arquitectos italianos, portugueses e de universidades españolas
•    O primeiro dos relatorios foi impartido polo profesor de Belas Artes da Universidade de Vigo, Ignacio Pérez-Jofre
•    Este seminario, que se estenderá ata o 5 de novembro, forma parte da iniciativa Cidadeidentidade. iCOR


A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurou hoxe na súa sede (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) o Seminario Internacional Cor e Cidade, organizado en colaboración co Concello de Lugo a través do Plan Urban. Este seminario forma parte dun espazo de observación, reflexión e investigación, Cidadeidentidade. iCOR, centrado na rehabilitación de edificios do centro histórico, a través da súa análise do código cromático, é dicir, das  súas cores, para mellorar a imaxe da cidade. O evento foi inaugurado polo presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos, Raúl Veiga; e a concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.

O Colexio de Arquitectos asina un convenio coa Câmara Municipal de Guimarães para desenvolver actividades do proxectoterra e potenciar a súa expansión en ambos territorios

guimaraesEstá prevista unha visita á cidade de Guimarães, con motivo da Capitalidade Europea da Cultura 2012

Jorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia:

“Este acordo introducirá ao alumnado galego e portugués no mundo da arquitectura, da súa ordenación integrada no territorio e do seu impacto na calidade de vida da poboación”


O decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, e o presidente  da Câmara Municipal de Guimarães, António Magalhães, asinaron esta mañá nas dependencias do concello portugués un convenio de colaboración marco para organizar a elaboración e oferta conxunta de actividades didácticas do proxectoterra, para as etapas da educación obrigatoria. Con este acordo, o Colexio de Arquitectos de Galicia continúa coa súa labor de exportación e internacionalización dos valores do proxectoterra, con actividades de intercambio territorial para tomar consciencia da diversidade do territorio construído.

A delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos inaugura unha exposición sobre un programa educativo de arquitectura e territorio

Materiais_SecundariaA mostra, que conta con material impreso e audiovisual, estará aberta ata o 5 de novembro

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurou hoxe na Fundación Novacaixagalicia a mostra “Dez anos do proxectoterra”. Esta exposición itinerante ten por obxecto amosar o traballo e os resultados logrados a modo de balance deste tempo. O proxectoterra naceu en xaneiro do ano 2000 co ánimo de contribuír a que os escolares e toda a cidadanía  perciban a arquitectura e o territorio como piares básicos da cultura.