Unha mostra de dezaoito esculturas humanas encollidas estará exposta ata o 24 de febreiro na Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos

Imaxe_da_exposicin_Human-esculturas_1Human-esculturas, da artista Carmen Senande, reflicte a implosión do corpo humano

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura esta tarde a exposición “Human-esculturas”, da escultora Carmen Senande. O acto celebrarase ás 20:00 horas e contará coa presenza do presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos, José Manuel Lopéz Mihura; o secretario, Víctor Ramos; e a tesoureira da delegación, Marta Trasancos; ademais da artista da mostra escultórica.

Ler máis: Unha mostra de dezaoito esculturas humanas encollidas estará exposta ata o 24 de febreiro na...

A Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos inaugura unha exposición coas mellores obras de arquitectos vigueses

Centro_cvico_de_TeisInicia un ciclo de conferencias sobre proxectos arquitectónicos dos estudios profesionais da cidade

A cita cultural dará comezo ás 20:00 horas na súa delegación

A comisión de cultura da Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura esta tarde, ás 20:00 horas, na súa sede (rúa Dr. Cadaval, 5) o ciclo de conferencias “Un tras outro”, onde os estudios de arquitectura máis destacados da cidade irán presentando a súa obra ao público. Ao acto asistirán o presidente da delegación, Martín de Cominges, e o presidente da comisión de cultura, Javier Villacé. As primeiras en comezar serán as arquitectas Belinda Besada e Marister Failde, do estudio BMJ arquitectos.

Ler máis: A Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos inaugura unha exposición coas mellores obras de...

O Colexio de Arquitectos inaugura unha mostra que alude ás consecuencias construtivas da crise inmobiliaria

Imaxe_da_exposicin_3A exposición, do colectivo Cadelasverdes, representa o afán desmedido da sociedade por ter unha vivenda en propiedade

A inauguración será esta tarde, ás 20:00 horas, na Casa da Conga

O Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura esta tarde, ás 20:00 horas na Casa da Conga, a exposición Spanish Dream, comisariada polas arquitectas Ana Amado, Marta Marcos e Luz Paz do colectivo Cadelasverdes. Con esta mostra de fotografías propoñen unha reflexión crítica sobre a crise económica e as súas consecuencias. O acto será inaugurado polo presidente da Comisión de Cultura do Colexio, Fernando Martínez; o tesoureiro José Antonio Vázquez; e o secretario da entidade Jorge Álvarez.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos inaugura unha mostra que alude ás consecuencias construtivas da crise...

O Colexio de Arquitectos entregará os seus premios corporativos nunha gala social na que Moncho Borrajo será o mestre de cerimonias

Moncho-borrajo-microO humorista ourensán, que colabora de forma desinteresada, é colexiado de honra da institución

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará o próximo 31 de xaneiro a Gala dos Premios do Colexio de Arquitectos, pertencentes a súa décimo cuarta edición. O acto celebrarase no Auditorio de Novagalicia Banco de Santiago (rúa Preguntoiro, 23), ás oito da tarde, e será unha homenaxe a todos os profesionais que participaron nos proxectos premiados: arquitectos, promotores, aparelladores e construtores das obras. “Estes premios, que se celebran cada dous anos, tratan de recoñecer as mellores obras da arquitectura galega e a función social que desempeñan” –explica o presidente da Comisión de Cultura do Colexio, Fernando Martínez.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos entregará os seus premios corporativos nunha gala social na que Moncho...

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos dirixe un laboratorio de cor con propostas para rehabilitar as fachadas do ensanche da Ramella

icorlaboratorioRaúl Veiga, presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia:

“O ensanche da Ramella é unha parte da cidade que merece ser recuperada e reevaluada”


O estudo cromático desenvolverase entre os meses de decembro e febreiro –http://icor.coaglugo.es/–


A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurou hoxe na súa sede (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) o Laboratorio iCOR, organizado en colaboración co Concello de Lugo a través do Plan Urban. No acto estiveron presentes o alcalde de Lugo, José López Orozco; a concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez; o presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos, Raúl Veiga; o secretario do organismo, José Luis Sanmiguel; e a tesoureira, Celia Fajar.