O Colexio de Arquitectos de Galicia expón fotografías a detalle de edificios contemporáneos de Santiago

roiRoi Alonso, autor da mostra:

As imaxes incítanos a ver a cidade e a arquitectura dun xeito lento, tranquilo, sen presas

A inauguración será esta tarde, ás 20:00 horas, na Casa da Conga

O Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura esta tarde, ás 20:00 horas na Casa da Conga, a exposición Fragmentos, do arquitecto Roi Alonso. Ao acto de inauguración asistirán o presidente da Comisión de Cultura do Colexio, Fernando Martínez; o tesoureiro José Antonio Vázquez; e o vocal, Miguel Carballido. Esta mostra fotográfica recolle as obras máis recentes e de interese da arquitectura contemporánea de Santiago de Compostela e capta as mensaxes visuais que a cidade ofrece a todo aquel que a percorre.

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos entregará ao Concello unha proposta de estudo cromático do ensanche da Ramella a finais de mes

Presentacin_Laboratorio_iCORRaúl Veiga, presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia:

“O Concello poderá empregar este documento e poñelo a disposición dos propietarios dos edificios, ademais de xerar unha ordenanza ou mesmo ser a base para o inicio dun novo PEPRI”

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou esta mañá na súa sede (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) unha presentación das propostas de cor, realizadas polo Laboratorio iCOR, para o ámbito do Ensanche da Ramella. Á exposición asistiron o presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos, Raúl Veiga; a concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez; a xerente do Plan Urban, Blanca Cañal; ademais de responsables da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), Benigno Jáuregui e Susana Penedo; técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, José Pastor e José María Alonso; así como especialistas que colaboraron ao longo do proxecto iCOR, como Ignacio Pérez-Jofre Santesmases e Carmen Lamela.

Ler máis: A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos entregará ao Concello unha proposta de estudo...

A Agrupación de Arquitectos Urbanistas de España avoga por un “urbanismo útil desde un punto de vista social, económico e ambiental”

arqurbaJorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia:

“Solicitamos unha maior implicación da sociedade no urbanismo, na planificación e desenvolvemento das cidades para ter unha maior calidade de vida”


O encontro continúa mañá coa intervención do presidente do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), Jordi Ludevid

O Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurou hoxe o Encontro anual da Unión de Agrupaciones de Arquitectos Urbanistas de España (UAAU) na sede do Consello da Cultura Galega, organismo colaborador. As xornadas foron presentadas polo decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte; a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas; e o presidente da UAAU, Josep Mª Vilanova.

Ler máis: A Agrupación de Arquitectos Urbanistas de España avoga por un “urbanismo útil desde un punto de...

O Colexio de Arquitectos entrega os seus premios a oito obras destacadas que melloran a habitabilidade e o conxunto do territorio galego

mercedesJorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia:

“Os arquitectos galegos temos que participar dun cambio de modelo, realizando obras ben feitas, pensadas con sentido común, racionalidade, criterio e rigor de oficio”

A institución celebra esta tarde unha gala social, animada por Moncho Borrajo, na que tamén se tributará unha homenaxe aos arquitectos con máis de cincuenta anos de colexiación

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra esta tarde a Gala dos Premios do Colexio de Arquitectos, pertencentes a súa décimo cuarta edición. O acto celebrarase no Auditorio de Novagalicia Banco de Santiago (rúa Preguntoiro, 23), ás oito da tarde, e consistirá nun recoñecemento a todos os profesionais que participaron nos proxectos premiados: arquitectos, promotores, aparelladores e construtores das obras.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos entrega os seus premios a oito obras destacadas que melloran a...

O Colexio de Arquitectos alberga o encontro anual de agrupacións de arquitectos urbanistas de España

Jorge_Duarte_1O próximo, o necesario é o lema das xornadas que se celebrarán o luns e martes no Consello da Cultura Galega

Os profesionais demandan unha maior implicación da sociedade co planeamento urbanístico


O Colexio de Arquitectos de Galicia organiza o luns-30 e martes-31 o Encontro anual da Unión de Agrupaciones de Arquitectos Urbanistas de España (UAAU). O evento celebrarase na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), organismo colaborador.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos alberga o encontro anual de agrupacións de arquitectos urbanistas de España