Arquitectos, profesores e administracións coinciden en sinalar a importancia da rehabilitación do patrimonio construído como motor de renovación urbana e crecemento económico

inauduracionO decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte, apostou polo aforro enerxético na “reutilización das nosas cidades”

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, lembrou que nos últimos tres anos se destinaron 90 millóns de euros a rehabilitación

O cuarto Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012) arrincou esta mañá no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago coa a asistencia duns cicocentos arquitectos e técnicos de España e Portugal. No evento presentaranse propostas en materia de rehabilitación de edificios, tanto dende a perspectiva da investigación como da execución. O seu obxecto é divulgar as técnicas e as preocupacións da rehabilitación e actualizar a formación e coñecementos sobre a materia. Ao acto de apertura asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o tenente de alcalde de Santiago Ángel Curras; o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xosé Luís Armesto Barbeito; e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte.

Ler máis: Arquitectos, profesores e administracións coinciden en sinalar a importancia da rehabilitación do...

O Concello de Sober e o Colexio de Arquitectos convocan un concurso de ideas para a remodelación e acondicionamento da praza municipal

prazaJorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos:

“Búscase o mellor proxecto para Sober, tendo en conta a funcionalidade e a relación co contorno, a calidade e sustentabilidade da intervención, ademais do axuste ás limitacións económicas

Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober:

“O concurso servirá de plan director para facer as futuras urbanizacións inmediatas a esta área, ademais de incluír a reforma integral da propia praza”

O alcalde do Concello lucense de Sober, Luis Fernández Guitián, e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, acompañado polo presidente da Delegación de Lugo da entidade colexial, Raúl Veiga, asinaron esta mañá na casa consistorial do municipio o convenio de colaboración para a convocatoria dun concurso de ideas para a remodelación da praza do Concello no Campo da Feira de Sober.

Ler máis: O Concello de Sober e o Colexio de Arquitectos convocan un concurso de ideas para a remodelación e...

As estratexias rehabilitadoras están determinadas pola “expresión do propio tempo”, segundo o profesor e director da ETSA de A Coruña, Fernando Agrasar, que intervirá no evento

Fernando_AgrasarO profesor de Composición e director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, Fernando Agrasar, falará no congreso PATORREB sobre a industria e artesanía na rehabilitación arquitectónica contemporánea. “Fronte á arquitectura autosatisfeita que se impón formalmente ao existente, podemos considerar actuacións de carácter ‘pobre’, que introducen materiais e técnicas convencionais utilizadas dun modo inesperado. Este salto do anónimo ao específico abre novas posibilidades na rehabilitación arquitectónica contemporánea”, explica Agrasar no resumo do seu relatorio.

Ler máis: As estratexias rehabilitadoras están determinadas pola “expresión do propio tempo”, segundo o...

Estudos de estabilidade e resistencia dos mosteiros de Monfero, Bonaval e Ribas de Miño serán expostos polo catedrático de Estruturas da Escola de Arquitectura de A Coruña, Juan Pérez Valcárcel

ngel_PaneroA recente e “intensa” rehabilitación da compostelá Casa do Cabido será presentada no congreso polo arquitecto do Consorcio de Santiago Ángel Panero

O catedrático de Estrutruras da Escola Técnica Superior de A Coruña, Juan Pérez Valcárcel, defende modelos sinxelos á hora de analizar as estruturas dos edificios monumentais, idea central do seu relatorio en PATORREB, que ilustrará con casos reais. Falará do mosteiro de Monfero, na provincia de A Coruña, no que se analizou a resistencia dos distintos muros, así como do refectorio e o escritorio; o do mosteiro de San Domingos de Bonaval (Santiago), no que se estudou a viabilidade de executar un saneamento que permitise resolver un problema de humidades, sen que a intervención non afectase á estabilidade dos muros; e, finalmente, un caso “moi curioso”, o da igrexa románica de San Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao, Lugo), na que se construíran dous arbotantes ou contrafortes apoiados na igrexa, pero para soster un muro posterior, “demostrando os nosos cálculos que o monumento a salvagardar non precisaba os devanditos reforzos”, tal como explica o profesor.

Ler máis: Estudos de estabilidade e resistencia dos mosteiros de Monfero, Bonaval e Ribas de Miño serán...

O PATORREB presentará os últimos estudos en edificios de rehabilitación de “enerxía case cero”

Javier_NeilaDebateranse as solucións máis axeitadas para reducir a demanda de calefacción e refrixeración

Javier Neila, catedrático da Universidad Politécnica de Madrid e relator do PATORREB:

“El objetivo básico en un edificio a rehabilitar de energía cero será bajar la demanda de forma drástica, reduciendo las necesidades de aportaciones complementarias de energías renovables”

Arquitectos e técnicos de toda España e Portugal actualizarán a súa formación e coñecementos sobre rehabilitación a partir do xoves próximo en Santiago de Compostela, na que será a cuarta edición do Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012). Este evento, organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia entre os días 12 e 14 de abril no Palacio de Congresos e Exposición de Galicia en Santiago, conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Santiago, a Universitat de Catalunya (UPC), a Facultade de Engenheria do Porto (FE.UP) e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Ler máis: O PATORREB presentará os últimos estudos en edificios de rehabilitación de “enerxía case cero”