A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza o próximo luns unha PinkSlipParty, un evento “espontáneo” de networking entre empresas e arquitectos

Leandro_FernndezParticiparán dez empresas que interactuarán con aproximadamente 80 demandantes de emprego

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o próximo luns, 23 de abril, unha sesión de networking, coñecida como PinkSlipParty, ás 19:00 horas nas súas instalacións. Trátase dun evento dirixido a persoas en desemprego, que xa se celebrou con éxito en distintas cidades españolas, pero neste caso centrado nos profesionais da arquitectura. Asistirán o presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos, Xosé Manuel López Mihura; o secretario da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos, Víctor Ramos, e a tesoureira, Marta Trasancos. A actividade está organizada por Xosé Alberte Cea e o seu grupo de colaboradores (Xesta, Xestión de Emprego e Persoas).

Ler máis: A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza o próximo luns unha PinkSlipParty, un...

Os arquitectos demandan medidas legais, financeiras e fiscais que incentiven a rehabilitación

patorrebsabadoApuntan fórmulas como créditos e microcréditos nas conclusións do congreso

A directora xeral de Arquitectura do Ministerio de Fomento destacou o potencial de crecemento do sector xa que España está trece puntos por debaixo da UE en investimento en rehabilitación

O conselleiro de Medio Ambiente destacou que o proxecto de Lei de Vivenda potenciará a rehabilitación dos edificios co obxecto de “recuperar e manter as construcións existentes”

O cuarto Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012) clausúrase esta tarde no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago coa presentación das conclusións do evento sobre a situación do sector e, en concreto, da rehabilitación de edificios. PATORREB contou coa asistencia duns cincocentos arquitectos e técnicos de España e Portugal. Este evento estivo organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Santiago, a Universitat de Catalunya (UPC), a Facultade de Engenheria do Porto (FE.UP) e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Ler máis: Os arquitectos demandan medidas legais, financeiras e fiscais que incentiven a rehabilitación

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos entregou ao Concello o documento final do laboratorio iCOR coas propostas cromáticas para rehabilitar o ensanche da Ramella

RamellaO traballo pretende mellorar a calidade ambiental da zona, recalificar a súa arquitectura prerracionalista e racionalista e recuperar a súa identidade urbanística, arquitectónica e funcional

Raúl Veiga, presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos:

Este estudo constitúe unha ferramenta de traballo colectivo que quere ofrecer e descubrir á cidadanía un novo xeito de comprender e apreciar a súa cidade

A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia presentou e entregou hoxe ao Concello de Lugo o traballo final do Laboratorio iCOR, organizado en colaboración co Concello de Lugo a través do Plan Urban. No acto, que se celebrou na súa sede colexial (rúa Puro Cora Xornalistas, 1) estiveron presentes o alcalde de Lugo, José López Orozco; a concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez; o presidente da Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos, Raúl J. Veiga; e os coordinadores e colaboradores desta actividade.

Ler máis: A Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos entregou ao Concello o documento final do...

A dimensión económica, enerxética e social ocupou hoxe as sesións do evento, no que tamén se avogou por homoxeneizar as inspeccións de edificios

Vasco_Peixoto_de_FreitasO cuarto Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012) celebrou hoxe a súa segunda xornada no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago para continuar coa presentación de propostas en materia de rehabilitación de edificios, tanto desde a perspectiva da investigación como da execución.

 

Ler máis: A dimensión económica, enerxética e social ocupou hoxe as sesións do evento, no que tamén se...

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos acolle unha exposición con propostas sobre a ordenación do espazo entre Coruña e Ferrol

agriculturaÉ un traballo realizado polos alumnos do taller de proxectos do cuarto curso de CESUGA-University College Dublin

Toni García, coordinador do Taller de Proxectos do 4º curso de CESUGA Arquitectura:

O taller propón límites ao crecemento urbano na área metropolitana

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia inaugura esta tarde a exposición “Metropolitanizar, como habitar entre cidades?”. Esta mostra resume o traballo do taller de proxectos dos alumnos de 4º curso do Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA)-University College Dublin 2010-2011, que investiga o contexto metropolitano Coruña-Ferrol e as súas potencialidades de rexeneración como base de estratexias de integración socio-espacial.

 

Ler máis: A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos acolle unha exposición con propostas sobre a...