O Colexio de Arquitectos solicita ao presidente da Xunta de Galicia un gran pacto polo territorio en materia de urbanismo e arquitectura

Jorge_Duarte_1

Jorge Duarte, decano do Colexio de Arquitectos:

“Necesitamos unha aposta clara e decidida pola rehabilitación”

A directiva colexial reuniuse esta mañá co presidente do Goberno galego para manifestarlle as inquedanzas profesionais

A Xunta de Goberno do Colexio de Arquitectos de Galicia, encabezada por Jorge Duarte, foi recibida esta mañá polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a quen lle trasladaron as súas preocupacións e inquedanzas pola situación que vive a profesión e o sector da construción. Os arquitectos tamén manifestaron ao presidente Feijóo a vontade de compromiso e colaboración do Colexio de Arquitectos para alcanzar un gran pacto polo territorio, a través de accións racionais e sostibles nos eidos do deseño do territorio, o urbanismo e a arquitectura.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos solicita ao presidente da Xunta de Galicia un gran pacto polo territorio...

O Colexio de Arquitectos e a Fundación Luis Seoane colaboran nun obradoiro infantil sobre arquitectura e urbanismo

smfO ciclo Sen moverte do sofá conectará virtualmente a rapaces de distintas cidades españolas que compartirán coñecementos sobre o seu contorno

O Colexio de Arquitectos de Galicia, a través do seu programa educativo proxectoterra, organiza na Fundación Luis Seoane da Coruña o obradoiro de arquitectura infantil Sen moverte do sofá. Este obradoiro forma parte do curso Nenoarquitectura, unha actividade que pretende dar a coñecer conceptos de arquitectura e urbanismo aos máis pequenos de xeito lúdico a través do Sistema de Construcción Lupo.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos e a Fundación Luis Seoane colaboran nun obradoiro infantil sobre...

Arquitectos composteláns conseguen o premio internacional de rehabilitación Veteco

ArrokabeO estudio Arrokabe foi galardoado pola rehabilitación do Centro de recursos para persoas con discapacidade de Meledo, en Silleda

Tamén recibiron unha mención os arquitectos encargados da rehabilitación do Hotel Moure

O estudio compostelán Arrokabe arquitectos, dos irmáns Óscar e Iván Andrés Quintela, ubicado na rúa de San Pedro, recibiu o premio internacional Veteco/Asefave na categoría de rehabilitación pola súa obra do Centro de recursos para persoas con discapacidade en Meledo, no Concello de Silleda, promovida pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Este premio inclúe o recoñecemento á empresa de Vila de Cruces Carpinsecoya como fabricante da carpintería exterior do edificio.

Ler máis: Arquitectos composteláns conseguen o premio internacional de rehabilitación Veteco

O Colexio de Arquitectos de Galicia pon en marcha un novo servizo de formación a distancia con cursos on-line

onlineUtiliza a plataforma moodle e conta coa colaboración do Colegio de Arquitectos de Madrid e a empresa In-Nova

O primeiro dos cursos, técnicas construtivas para unha arquitectura sostible, comezará a impartirse a partir do 14 de maio

O Colexio de Arquitectos de Galicia amplía a súa oferta global de formación cun novo servizo a distancia para cursos on-line, a través da plataforma moodle, para introducir unha nova clase de cursos non presenciais en formato e-learning (formación a distancia). Para ofrecer este novo servizo formativo, o Colexio galego conta co apoio do Colegio de Arquitectos de Madrid (COAM) e da empresa In-Nova.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia pon en marcha un novo servizo de formación a distancia con...

Guimarães recibe a exposición do proxectoterra, que recolle as características máis destacadas da diversidade paisaxística de Galicia

ilustraPresentáronse a guía e o mapa “Guimarães- Proxectoterra”, que se incorporan aos materiais didácticos do programa educativo, ampliando o ámbito de actuación á eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal

Con motivo da Capitalidade Europea da Cultura 2012 na cidade portuguesa de Guimarães, o Colexio de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentaron esta mañá na Câmara Municipal o programa educativo sobre territorio e arquitectura, proxectoterra. O acto estivo presidido polo presidente da Câmara Municipal de Guimarães, António Magalhães; o director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia (IGVS), Antonio Boné; o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte; e o coordinador do proxecto, Xosé Manuel Rosales.

Ler máis: Guimarães recibe a exposición do proxectoterra, que recolle as características máis destacadas da...