O proxectoterra do Colexio de Arquitectos de Galicia, Premio Nacional de Urbanismo outorgado polo Ministerio de Fomento

terraCelestino García Braña, decano do COAG:

“O premio supón un gran impulso para a continuidade do proxecto, onde o seguinte paso será estendelo ao conxunto da sociedade”

A Consellería de Medio Ambiente renovou a principios de ano o seu compromiso co proxecto ata o 2013

A iniciativa, que versa sobre arquitectura e territorio, desenvolveu desde o seu nacemento, hai dez anos, 400 actividades nas que participaron 17.500 escolares galegos


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) consegue o Premio Nacional de Urbanismo co proxectoterra, galardón que concede a Secretaría de Estado de Vivienda y Actuaciones Urbanas do Ministerio de Fomento. O proxectoterra, que este ano celebrou o seu décimo aniversario, naceu en xaneiro do 2000 co ánimo de contribuír a que a cidadanía en xeral perciba a arquitectura e o territorio como piares básicos da cultura.

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o luns-4 o Día Mundial da Arquitectura, dedicado a ensalzar a beleza natural e patrimonial das rutas do Camiño de Santiago

Cada delegación escolleu tres Fisterraelementos destacados da súa ruta de peregrinación máis próxima: obra tradicional, actuación contemporánea e espazo físico

O organismo colexial celebra o décimo aniversario desta efeméride que quere compartir cos cidadáns e a sociedade en xeral


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebra o próximo luns, 4 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o tema Arquitectura e paisaxe nos Camiños de Santiago.

O Colexio de Arquitectos lanza a nova versión do seu software propio, “comprobar 4”, un programa para a comprobación de elementos estruturais

A aplicación informática, que conta cun blog propio, foi deseñada polos arquitectos Juan Pérez Valcárcel e Manuel Muñoz Vidal

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) continúa traballando na creación de software propio co fin de facilitar o traballo dos profesionais. Así, desde o 14 de xuño, xa está dispoñible a versión 4 do programa “comprobar”, desenvolvido polos arquitectos Juan Pérez Valcárcel e Manuel Muñoz Vidal, catedrático e profesor de estruturas da Escola de Arquitectura de A Coruña, respectivamente.  “comprobar” foi actualizado co propósito de adaptalo á normativa EHE-08 (Instrución de Formigón Estrutural), que afecta aos módulos de estruturas de formigón e cimentacións e ás modificacións do Código Técnico de Edificación (CTE), que supoñen importantes novidades en bases de cálculo, accións, cimentacións e estruturas de aceiro, madeira e fábrica que xa se incluiron na versión 3. A versión anterior, comprobar 3, xa contaba cun alto número de usuarios en toda España, dos cales, aproximadamente a metade, son galegos.

 

Ler máis: O Colexio de Arquitectos lanza a nova versión do seu software propio, “comprobar 4”, un programa...

Galicia lidera o cambio cara un novo modelo de construción sostible grazas ao programa Ecoinnova Construcción

Ecoinnova ConstrucciónCelestino García Braña, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia: “A iniciativa contribúe a dar un cambio no rumbo do sector da construción, que actualmente emprega o 40% da enerxía consumida”

É unha iniciativa dos arquitectos galegos, en colaboración coa Deputación da Coruña, enmarcada dentro do programa empleaverde 2007-2013 da Fundación Biodiversidad e cofinanciada polo Fondo Social Europeo

•    O proxecto chegará a 6.000 persoas e promove a utilización racional dos recursos e a enerxía, construíndo edificios máis confortables e con menor impacto medioambiental

•    Preparáronse dúas liñas de actuación a desenvolver en 18 meses de traballo, con 16 accións formativas, baixo o compromiso colectivo na aplicación da sostenibilidade e as tecnoloxías ambientais

•    Crearase un premio anual de arquitectura sostible e prevese a celebración do I Congreso Galego de Sostibilidade e Construción


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, presentou hoxe o proxecto Ecoinnova Construcción na sede colexial da praza da Quintana de Santiago de Compostela. No acto estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; o decano do COAG, Celestino García Braña; a directora do Departamento Internacional da Fundación Biodiversidad, Sonia Castañeda Rial; e o secretario do COAG, Alfredo González Cascallana. Ao comezo do acto, o decano do COAG e o presidente da Deputación asinaron un convenio para oficializar a colaboración das dúas entidades neste proxecto.