O Colexio de Arquitectos inaugura unha exposición de esculturas en pizarra que evocan a natureza galega, da man do seu creador Javier Aguilera

AguileraA mostra está composta por 28 esculturas de pequeno formato

A inauguración será esta tarde, ás 20:00 horas, na Casa da Conga


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) inagura esta tarde, ás 20:00 horas na Casa da Conga, a exposición Ex umbra in solem, do escultor ferrolano Javier Aguilera.

O Colexio de Arquitectos de Galicia organiza en Vigo un curso de práctica profesional para actualizar coñecementos administrativos e legais

vigoEsta acción formativa, dirixida a técnicos e arquitectos, comezará a impartirse o próximo 5 de abril na Delegación de Vigo do COAG

A Delegación de Vigo (rúa Dr. Cadaval, 5) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) inaugura o próximo 5 de abril un curso sobre Práctica Profesional na sala multiusos da delegación colexial, que se impartirá todos os martes e mércores ata o día 1 de xuño, en horario de 16:30 a 21:00 horas. O curso está organizado pola Comisión de Asesoramento Tecnolóxico do COAG e conta coa colaboración da Escola de Negocios Novacaixagalicia.

O Colexio de Arquitectos de Pontevedra e Vigo convocan os Premios Gran de Area 2011, para poñer en valor a arquitectura de calidade e o traballo conxunto de arquitectos, promotores e construtores

GDAO xurado valorará a totalidade da obra ou aspectos concretos como a tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo e implantación no territorio

•    O prazo para presentar os proxectos, visados en 2010 na provincia de Pontevedra, finalizará o próximo 31 de marzo
•    Os galardóns fallaranse na segunda quincena de abril
•    Celebrouse unha homenaxe para os arquitectos máis veteranos da provincia


A Delegación de Pontevedra e de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)  presentaron esta mañá no  Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra a novena convocatoria dos Premios “Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2011”. Ao acto asistiron o decano do COAG, Celestino García Braña; o tesoureiro do COAG, José Antonio González; o presidente COAG-Vigo, Salvador Fraga; a presidenta do COAG-Pontevedra, María José Fariña; e o resto dos membros das xuntas directivas de ambas delegacións.

O Colexio de Arquitectos de Galicia visou 4.805 vivendas en 2010, o dato máis negativo da última década

Só se sosteñen os visados de vivenda unifamiliar e rehabilitaciónvisados10

En 40 concellos de Galicia non se visou ningunha vivenda durante o último ano

García Braña, decano do COAG: “A oferta de obra pública debe facerse con criterios de calidade arquitectónica e o concepto económico debe ter un papel contido”


O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou esta mañá os datos e a publicación sobre a Evolución do visado e o estado urbanístico de todas as comarcas e concellos de Galicia no segundo semestre de 2010 e acumulado anterior. Na rolda de prensa, que se celebrou na sede central da praza da Quintana, participaron o decano do COAG, Celestino García Braña; o presidente da Comisión de Visado, Jorge Duarte; ademais do coordinador técnico, Alberto Escobar; e un membro do equipo técnico da web de planeamento urbanístico da entidade colexial, Elías Cueto.

O Colexio de Arquitectos de Galicia expón as últimas pinturas de María Meijide, gañadora da Operación Frechazo 2009 do Roteiro de Creación

camaOs cadros recrean imaxes de costume nunha habitación en Lisboa

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) inaugura mañá, xoves-17 de febreiro, ás 20:00 horas, unha exposición de pinturas de temática lusa, doméstica e teatral titulada Lisboa e outros assuntos de cama, da artista María Meijide.