O Colexio de Arquitectos de Galicia asina un acordo con BREEAM, a certificación líder mundial en edificación sostible

BreeamA institución convértese nun novo axente de formación do selo en España que lle capacita para impartir os cursos formativos de “Asesor BREEAM”

O primeiro curso de formación celebrarase en Santiago os próximos 9, 10 e 11 de maio


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asinou un convenio de colaboración con BREEAM ES, a certificación líder mundial en edificación sostible, para converterse en “Axente de formación BREEAM”, capacidade que lle permite desenvolver actividades formativas e de capacitación técnica nas distintas metodoloxías e ferramentas do selo de sostibilidade, entre elas impartir a formación para o futuro Asesor BREEAM.

Os arquitectos galegos Luis Collarte, Julio Grande e Adolfo Agra gañan o concurso para a renovación da fachada dun dos edificios da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito no Porriño

granitoUn mar de pedra e P321 conseguen os dous primeiros premios por aportar solucións innovadoras no uso do granito, respectando a viabilidade económica, calidade estética e a súa adecuación ao contorno

É unha convocatoria da Fundación Centro Técnolóxico do Granito de Galicia, o Clúster do Granito e o Colexio de Arquitectos de Galicia


A Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia (CTG), o Clúster do Granito e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) entregaron hoxe os premios do concurso de ideas para a renovación da fachada dun dos edificios do complexo da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia no Porriño. O obxectivo da convocatoria foi promover o desenvolvemento de propostas que innoven no uso do granito. O acto estivo presidido polo decano do COAG, Celestino García Braña; e polo coordinador do CTG, José Ángel Lorenzo.

O Concello de Muros e o Colexio de Arquitectos convocan o concurso para a rehabilitación do Cine París que se converterá en auditorio municipal

MurosCelestino García Braña, decano do COAG:
“O concurso outorga ao proxecto de rehabilitación transparencia e calidade”

O alcalde de Muros mostrouse orgulloso de deixar encauzado o proxecto de rehabilitación neste mandato


O alcalde do Concello coruñés de Muros, Domingos Dosil, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Celestino García Braña, presentaron esta mañá na casa consistorial do municipio o concurso para a rehabilitación do edificio do antigo Cine París da vila, situado na Avda. Castelao nº 89. No acto estiveron acompañados polo arquitecto da Oficina de Rehabilitación de Muros, Pablo Castro; e polo secretario do COAG, Alfredo González Cascallana.

Jorge Duarte relevará a Celestino García Braña como decano do Colexio de Arquitectos de Galicia

DuartedecanoResultou proclamado ao non se presentar ningunha outra candidatura no proceso eleitoral da institución

Foi presidente da Delegación de Santiago no último mandato


O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) terá novo decano nas próximas datas, xa que o único candidato a presidir a institución é Jorge Duarte, que foi proclamado in péctore unha vez finalizado o prazo para a presentación de candidaturas. Substituirá no cargo a Celestino García Braña, que dirixiu a entidade nos últimos cinco anos e medio: “A continuidade está asegurada, algo moi importante nesta conxuntura de cambios e dificultades para a profesión; ademais, é unha renovación necesaria que aposta polo futuro”.

O Colexio de Arquitectos de Galicia premia 19 obras galegas de nova planta, rehabilitación, decoración ou espazos abertos, entre outras categorías

MercedesO COAG fai público o fallo do xurado que recoñece as mellores obras da arquitectura galega do último bienio

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fai público o fallo do xurado na décimo cuarta edición dos Premios COAG de Arquitectura. Estes premios, que se celebran cada dous anos, tratan de recoñecer as mellores obras da arquitectura galega intentando destacar a función social que desempeña a arquitectura. Foron seis as obras que acadaron o máximo galardón destes premios, once obtiveron accésits e dúas recibiron mencións especiais.