O Colexio de Arquitectos de Galicia visou nos seis primeiros meses do ano 2.312 vivendas

visadsMantense a tendencia do primeiro semestre de 2010, que contrasta coas 13.000 vivendas semestrais da última década

Santiago de Compostela, Ferrol e Pontevedra rexistraron unha leve melloría nos seus rexistros

Jorge Duarte, decano do COAG: “Hai unha necesidade de rehabilitar o parque de vivendas existente, mellorando as súas condicións de eficiencia enerxética, habitabilidade e confort”

•    Foron 410 vivendas rehabilitadas
•    Pechouse o semestre con 163 vivendas protexidas
•    En 79 concellos galegos non se visou ningunha vivenda


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) presenta o seu informe sobre  a Evolución do visado e o estado urbanístico de todas as comarcas e concellos de Galicia no primeiro semestre de 2011, onde se rexistran valores mínimos, un afastamento progresivo de procesos especuladores sobre o mercado da vivenda e a negativa dos inversores a promover novas actuacións de vivenda colectiva polo sobrante de oferta inmobiliaria.

Compostela Arquitectura trae a Santiago a Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasmaa e Alvaro Siza como conferenciantes distinguidos

Será no marco do curso de verán internacional que se celebra do 18 de xullo ao 5 de agosto en San Martiño Pinario, coa participación dunha vintena de estudantes de todo o mundo

O Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute) celebra por segundo ano consecutivo o seu curso internacional de verán, que se inicia o 18 de xullo en San Martiño Pinario e finalizará o 5 de agosto. Un selecto grupo de estudantes de USA, Canadá, Corea, Siria e varios países europeos participarán nas clases, talleres e visitas que conforman o curso, que pretende ser unha reflexión sobre a cidade contemporánea a partir das presenzas da historia, en palabras dos seus organizadores.

O Colexio de Arquitectos organiza un curso internacional de verán sobre a rehabilitación do interior dos edificios dos cascos históricos

neues-museum-1Celebraranse relatorios de expertos, talleres e unha exposición final dos traballos

Impartirase entre os días 13 e 22 de xullo, en colaboración co Consorcio de Santiago, a Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación e a USC


O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración co Consorcio de Santiago, a Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza entre os días 13 e 22 de xullo un curso internacional de verán sobre a rehabilitación de cascos históricos, centrado no estudo dos espazos interiores de edificios de valor histórico e patrimonial en Santiago.

Compostela Arquitectura trae a Santiago a Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasmaa e Alvaro Siza como conferenciantes distinguidos

alvaro_sizaSerá no marco do curso de verán internacional que se celebra do 18 de xullo ao 5 de agosto en San Martiño Pinario, coa participación dunha vintena de estudantes de todo o mundo

O Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute) celebra por segundo ano consecutivo o seu curso internacional de verán, que se inicia o 18 de xullo en San Martiño Pinario e finalizará o 5 de agosto. Un selecto grupo de estudantes de USA, Canadá, Corea, Siria e varios países europeos participarán nas clases, talleres e visitas que conforman o curso, que pretende ser unha reflexión sobre a cidade contemporánea a partir das presenzas da historia, en palabras dos seus organizadores.

O Colexio de Arquitectos de Galicia aposta por unha reflexión “política e social” para alcanzar estabilidade na lexislación urbanística

Jorge Duarte, decano do COAG: “Hai que formar novos equipos multidisciplinares do planeamento e dotar economicamente estes traballos para poder esixir calidade”

Así o manifestou esta tarde nunha xornada sobre as novidades normativas en materia de ordenación do territorio que organizou a EGAP


O decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Jorge Duarte, participou esta tarde nunha mesa redonda sobre a situación actual do urbanismo en Galicia, dentro dunha xornada sobre as novidades normativas en materia de ordenación do territorio e urbanismo que organizou a Escola Galega de Administración Pública (EGAP).