As Delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio de Arquitectos entregan mañá os premios Gran de Area na casa consistorial de Campo Lameiro, obra premiada na pasada edición

lameiroPor primeira vez entregaranse os premios nunha obra galardoada, “un modo de achegar a arquitectura á sociedade”

O acto celebrarase ás 18:00 horas no salón de plenos do concello

As Delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia celebran mañá venres, 26 de outubro, a entrega dos premios Gran de Area 2012. O evento celebrarase ás 18:00 horas no salón de plenos do edificio do Concello de Campo Lameiro. Ao acto acudirán o presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos, Manuel Abelleira; o seu homólogo vigués, Martín de Cominges; acompañados polas súas respectivas xuntas directivas. Tamén asistirá a secretaría Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas; o alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns; ademais dos arquitectos premiados e os promotores das obras.

 

 

Segundo explican as xuntas directivas das Delegación de Pontevedra e Vigo, este ano elexiuse a casa consistorial do Concello de Campo Lameiro para albergar a entrega de premios co obxecto de potenciar a arquitectura premiada en pasadas edicións. A Casa consistorial de Campo Lameiro e a recuperación da súa carballeira, obra de Rodríguez + Pintos arquitectos SLP, foi premiada na edición de 2011. “É a primeira ocasión na que se entregarán os galardóns nunha obra premiada, un modo de achegar aínda máis a arquitectura á sociedade, aproximándonos ao rural e poñendo en valor arquitecturas xa destacadas no seu momento” –explican as xuntas directivas–.

Os premios Gran De Area de Aportación á Arquitectura, convocados por segundo ano consecutivo de forma conxunta por ambas delegacións, supoñen un recoñecemento a nivel provincial dos arquitectos e promotores polo labor conxunto para obter, ademais dun produto, “unha expresión arquitectónica do feito cultural actual” –apuntan desde a organización–. Nesta edición presentáronse 69 propostas, tanto de obra construída como proxectos, resultando gañadores once, oito na categoría de obra executada, e tres na de proxectos.

Os premiados son os seguintes:

Categoría Obra executada:

1.- Piso de Príncipe. (Vigo). Arquitectos: María Gracia Amandi Joglar.

2.- Centro cívico de Teis. (Vigo). Arquitectos: Belinda Besada y Marister Failde, BMJ arquitectos.

3.- Renovación del parque y jardín y carballeira en Caldas de Reis. Arquitectos: Martín Cerreda Álvarez y Natalia Lorenzo Nova.

4.- Vivienda unifamiliar en Villasobroso. (Mondariz). Arquitecto: Domingo Couto Toucedo.

5.- Vivienda en Tebra. (Tomiño). Arquitectos: Irisarri + Piñera.

6.- Casa X2. ( Barro). Arquitectos: Estudio MMASA [Patricia Muñiz + Luciano G. Alfaya].

7.- Reforma piso en Gran Vía. (Vigo). Arquitecto: José Luis Quintela Porro.

8. La Barbería de Raúl. (A Estrada). Arquitectos: Juan José Taboada Castro y Miguel Camba Constenla.

 

Categoría Proxectos:

9.- Unidad nido. (sin localización). Arquitectos: Jordi Castro Andrade, María González Ferro (Castroferro arquitectos), Iago Fernández Penado.

10. Vivienda unifamiliar en Domaio. ( Moaña). Arquitecto: Victor M. González Magdalena.

11. Rehabilitación y ampliación de vivienda unifamiliar en Donas. (Gondomar). Arquitecto: Antonio Soliño Troncoso.