O sociólogo José Miguel Iribas abre o debate sobre o modelo de asentamento disperso en Galicia pola súa dificultade para garantir redes infraestruturais e dotacionais eficientes

iribasGalicia conta con 31.000 asentamentos poboacionais, máis da metade dos que hai en España

José Miguel Iribas:

“Me asombra que en Galicia se dé por bueno el modelo de asentamiento disperso a pesar de tener resultados lúgubres en materia social y económica”

O ciclo Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece mañá no Centro de Desenvolvemento de Novacaixagalicia en Ourense esta conferencia, ás 19:30 horas

O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa mañá en Ourense co ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. O sociólogo José Miguel Iribas ofrecerá mañá xoves, 18 de outubro, ás 19:30 horas, unha conferencia no Centro de Desenvolvemento de Novacaixagalicia en Ourense (Avenida Pontevedra nº 9), titulada “A sostibilidade do sistema galego de asentamentos”. Ao finalizar a exposición de José Miguel Iribas celebrarase unha mesa de debate na que participarán os arquitectos Javier Suances e Luciano Alfaya.

Iribas falará sobre o nivel de fragmentación que presenta o modelo de asentamentos en Galicia, con máis do 50% dos núcleos de poboación de España, un total de 31.000 asentamentos poboacionais fronte aos 29.000 do resto do estado (incluídas as illas). Este sociólogo navarro propón abrir un debate sobre a “sostibilidade futura deste alarmante modelo de asentamento disperso e fragmentado en Galicia” e averiguar se garante unha calidade de vida aceptable para a poboación. “Lo más adecuado sería buscar una Galicia plenamente insertada en la modernidad, con suficiente potencial de producción terciaria y con ciudadanos que puedan acceder sin demasiado esfuerzo a los bienes y servicios que proporcionan, en exclusiva, los espacios urbanos densos” –apunta Iribas–.

Segundo José Miguel Iribas, con este modelo de asentamento parece difícil implantar redes infraestruturais e dotacionais eficientes para que a poboación dos micronúcleos rurais poidan  acceder a certos bens e servizos que se prestan só en núcleos urbanos densos, ademais de alcanzar unha modernización da estrutura produtiva. “Me parece asombroso que en Galicia no se hable del modelo de asentamiento disperso y que se dé por bueno, a pesar de ser un atractivo para el imaginario sentimental y conforma un paisaje identitario de notable belleza, pero con resultados lúgubres en materia social y económica” –indicoau Iribas–.

Outro problema infraestrutural derivado do modelo de asentamento dispersó é, segundo Iribas, o aumento da siniestralidade vial pola proliferación de viarios capilares das estradas galegas (segundo o RACE, dos vinte tramos máis perigosos de España seis están en Galicia, entre eles o segundo e o terceiro de maior risco). Ademais, Iribas destaca que poden aparecer déficits sanitarios, educativos e de acceso a Internet.

José Miguel Iribas é un sociólogo navarro, especializado en diagnósticos relacionados co terreo, a cidade e os seus usos, especialmente o turístico. Colabora coa Fundación Arquitectura y Sociedad y actualmente desenvolve, entre outros, estudos sobre os modelos no uso do territorio.

Xentes, espazos e lugares ponse en marcha cun ciclo de conferencias polas cidades galegas, abertas ao público e de carácter gratuíto, no que se abordan a paisaxe, a cidade, a ocupación do territorio, o urbanismo ecolóxico, a xeografía urbana e mesmo arquitectura para nenos.