O colectivo Zuloark falará mañá en Lugo sobre UrbanLeaks, un proxecto onde arquitectos autodidactas traballan na cidade como “una realidad compleja”

blancoColectivo Zuloark:

“Analizamos experiencias de éxito y de fracaso en el tratamiento de las ciudades, para aprender de la práctica, y tratamos de prototipar esas acciones para que puedan ser replicadas en distintos lugares”

O ciclo Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece mañá na Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos esta conferencia, ás 19:30 horas

O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa mañá en Lugo co ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. O Colectivo Zuloark ofrecerá mañá xoves, 11 de outubro, ás 19:30 horas, unha conferencia na Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos (rúa Puro Cora Xornalistas, 1. Lugo), titulada “Urbanleaks”.

Segundo explican os membros deste colectivo, Zuloark é unha plataforma de traballo cunha composición inestable de integrantes que serve de apoio para traballar, investigar e aprender, "juntando los conocimientos y experiencias” de cada unha das partes, para así multiplicar os puntos de vista desde os que se abordan os proxectos e tratar a súa complexidade.

O colectivo, formado maioritariamente por estudantes de arquitectura con núcleos estables en Madrid e Berlín, comezou a funcionar en 2001 realizando proxectos de moi distinto tipo, pero sempre segundo uns criterios compartidos e experimentando a arquitectura en todas as súas formas posibles e incorporándoa á vida cotiá da cidade en modos imaxinativos e moi participativos.

Prototipar experiencias urbanas

O proxecto UrbanLeaks (http://urbanleaks.org) aparece nun momento no que o colectivo Zuloark descubre que gran parte do traballo e os seus intereses se volcan na cidade e que realmente, aínda que con formación das Escolas de Arquitectura, gran parte dos seus coñecementos sobre urbanismo proceden de traballar de forma autodidacta na cidade como “una realidad compleja”.

UrbanLeaks é un lugar onde se poñen en común os coñecementos adquiridos no colectivo e se comunican á comunidade. “Analizamos experiencias de éxito y de fracaso en el tratamiento de las ciudades, para aprender de la práctica, y tratamos de prototipar esas acciones para que puedan ser replicadas en distintos lugares” –explica o colectivo–.

Fundamentalmente, Zuloark centra a busca desas experiencias naquelas cousas que supoñen un gran investimento económico pero tratna problemas de alto impacto social, un aspecto moi importante nestes tempo de crise.

Xentes, espazos e lugares ponse en marcha cun ciclo de conferencias polas cidades galegas, abertas ao público e de carácter gratuíto, no que se abordan a paisaxe, a cidade, a ocupación do territorio, o urbanismo ecolóxico, a xeografía urbana e mesmo arquitectura para nenos.