“Agrupando a los vecinos y políticos de Ferrol se puede conseguir la revitalización de la ciudad”, asegura a arquitecta Patrizia di Monte

estonoesunsolarFalará do programa zaragozano estonoesunsolar, un proxecto de rexeneración urbana de 28 solares abandonados para crear zonas verdes, espazos deportivos ou paques para xogos infantís

O ciclo Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece mañá na galería Sargadelos de Ferrol a conferencia dos arquitectos Patrizia di Monte e Ignacio Grávalos, ás 20:00 horas

O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa mañá en Ferrol co ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. Os arquitectos Patrizia di Monte e Ignacio Grávalos ofrecerán mañá xoves, 20 de setembro, ás 20:00 horas, unha conferencia na Galería de Sargadelos en Ferrol (rúa Rubalcava, 30-32) titulada “Isto non é un solar”. Esta parella de arquitectos desenvolveron xunto co Concello de Zaragoza un programa de baixo custo de ocupación de solares baleiros da cidade, con actividades que os mostraran como espazos de oportunidade.

 

 

Para poñer en marcha o proxecto en Zaragoza, estonoesunsolar, foi necesario un intercambio de ideas baseado na vontade política e nunha boa actitude veciñal, grazas ao extenso tecido social da cidade. Os arquitectos Patrizia di Monte e Ignacio Grávalos actuaron como axitadores e punto de unión entre os axentes políticos e veciñais. “Los agentes políticos debían abrirse, preguntar y escuchar a los vecinos, demostrando su voluntad política” –explican os arquitectos–.

Trátase dun programa experimental de rexeneración urbana grazas ao cal se transformaron 28 solares abandonados, por un total de 42.000 m², en espazos públicos, con carácter case sempre transitorio, contando coa participación de máis de 40 asociacións veciñais, culturais, de maiores, colexios, Xuntas de distrito municipal, nun período de 13 meses, xerando  novos empregos para 110 parados de longa duración. En realidade, foi concebido como un plan de emprego polo concelleiro do Casco Histórico da cidade, que respondeu a unha serie de denuncias veciñais presentadas polo mal estado desta zona. “En este proyecto se produjo una convergencia perfecta de demanda y alineación de las partes implicadas” –apuntou Patrizia di Monte–. Os usos destes solares foron outorgados en moitas ocasións de forma intuitiva, creando finalmente zonas verdes, hortas, espazos deportivos, paques para xogos infantís ou prazas públicas.

Aplicando esta receita concreta, a arquitecta Patrizia di Monte indica que se poden alcanzar estes mesmos resultados en calquera outra cidade. “Agrupando a los vecinos y políticos de Ferrol se puede conseguir la revitalización de la ciudad” –manifesta a arquitecta–. Na actualidade, os cambios urbanísticos nas cidades sucédense rapidamente sen que os plan xerais de ordenación municipal poida adaptarse. A arquitecta asegura que deberían existir instrumentos xurídicos máis áxiles. “La flexibilidad en las ordenazas municipales facilitaría una correcta ordenación urbana” –indicou–.

Estonoesunsolar foi finalista do City to City FAD Award 2012, premio que concede o consistorio de Barcelona e o FAD (Fomento de las Artes y del Diseño) para recoñecer procesos urbanos que supuxeron unha transformación global na realidade dunha determinada cidade a escala internacional.

Xentes, espazos e lugares ponse en marcha cun ciclo de conferencias polas cidades galegas, abertas ao público e de carácter gratuíto, no que se abordan a paisaxe, a cidade, a ocupación do territorio, o urbanismo ecolóxico, a xeografía urbana e mesmo arquitectura para nenos.

http://proxectoterra.coag.es/index.php/xentes-espazos-e-lugares/encontros.html