Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso, finalistas dos Premios FAD pola reurbanización da praza de San Clemente de Santiago

sanclementeAbalo e Alonso, arquitectos do proxecto:

“A intervención é debedora do magnífico traballo realizado nos últimos anos en cuestión de patrimonio histórico nesta cidade”

O estudio de arquitectura Abalo Alonso Arquitectos, de Santiago de Compostela, colocou unha das súas obras entre as finalistas dos prestixiosos Premios FAD de Arquitectura e Interiorismo 2012. Os arquitectos galegos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso conseguen este recoñecemento, na categoría de Cidade e Paisaxe, pola reurbanización da zona de San Clemente e da rúa da Trinidade.

A praza de San Clemente, situada en pleno casco antigo de Santiago de Compostela e á beira da Catedral, caracterizouse nos últimos anos por ser un lugar de paso de dobre dirección para os vehículos, con áreas de aparcadoiro e zonas de carga e descarga. Para borrar esta imaxe caótica, o Concello de Santiago encarga a este estudio compostelán unha análise do contorno para a súa posta en valor.

Segundo Abalo e Alonso, a actuación fundamental foi “tensionar a futura praza”, reducindo o espazo da rampa a un só carril auxiliar de tráfico para aumentar o espazo da estancia. “A redución do tráfico, unida á imposibilidade de aparcar, invertiu os termos. Agora o peón é o que controla o espacio público. Procedeuse a unha renovación exhaustiva de todo tipo de infraestruturas eléctricas, abastecemento, saneamento, gas, telefonía e incorporáronse os restos arqueolóxicos descubertos durante as obras” –indicaron os arquitectos–.

Completan a actuación catro árbores, ubicadas estratexicamente. Os límites da intervención dilúense, incluíndo este espazo público no continuo da cidade e gañando espazo para o cidadán coa ampliación da praza. “A intervención é debedora do magnífico traballo realizado nos últimos anos en cuestión de patrimonio histórico nesta cidade” –apuntaron Abalo e Alonso–.

O xurado valorou a súa obra como “un proyecto que sin estridencias ni malabarismos consigue conmover. Una actuación en el tejido urbano que ordena y recupera para el ciudadano espacios perdidos. La piedra es la protagonista, un material único que, dotándolo de diferentes orientaciones, se adapta al terreno como si de un manto se tratara”.

FAD, os premios máis prestixiosos de España

Ademais, outras dúas obras de Galicia, o Concello de Lalín e e o Centro socio-cultural Ágora da Coruña son finalistas dos Premios FAD 2012. A casa consistorial da localidade pontevedresa de Lalín foi realizada polo estudio madrileño Mansilla + Tuñón Arquitectos, na categoría de Arquitectura. No caso da Ágora da Coruña, obra do estudio madrileñio Rojo/ Fernández-Shaw, tamén na categoría de Arquitectura. Outros dos finalistas desta edición é o portugués, último premio Pritzker, Souto de Moura, ou o arquitecto catalán Carlos Ferrater, Premio Nacional de Arquitectura en 2009.

A Asociación Interdisciplinaria del Diseño del Espacio del FAD (ARQUIN-FA), convocou este ano a 54ª edición dos Premios FAD de Arquitectura Interiorismo. Os FAD entréganse desde hai máis de cincuenta anos en Barcelona e probablemente son os máis prestixiosos de España, xunto co recoñecemento do Ministerio de Cultura. En total presentáronse 518 obras a concurso de toda a Península Ibérica. O xurado escolleu un total de 36 obras finalistas que optan a premio: 21 nacategoría de Arquitectura, 5 en Interiorismo, 6 en Cidade e Paisaxe e 4 en Intervencións Efímeras. Ademais, elaboraron dúas listas, unha de seleccionados e outra de finalistas para poder distinguir un número maior e máis diverso de proxectos. Os premios entregaranse o próximo 12 de xullo no marco do FADfest de Barcelona.

Abalo e Alonso, perfil profesional

Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso son arquitectos titulados pola ETS de Arquitectura da Universidad de Navarra. Realizaron los cursos de doctorado ena Universidade da Coruña e o Master de Rehabilitación no Consorcio de Santiago. Son asociados desde 1997, con estudio profesional en Santiago de Compostela. Na actualidade son profesores da ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Gañaron primeros premios en concursos para a construción de centros de saúde en Monterroso e Oleiros, accesibilidade no casco histórico de Ribadeo, viveiro de empresas do polígono de Costa Vella de Santiago, Institutos de Ensinamza Secundaria en Vigo e Mesía, juzgados de Porriño, vivendas para mozos e maiores e centro de día en Ferrol, As Pontes e Vilagarcía, 35 vivendas de protección pública (VPP) en Narón, 54 VPP en Santiago e 30 VPO en Arnoia.

Obtiveron o Premio Rodríguez Peña de rehabilitación en Galicia en 2007, diferentes recoñecementos nos Premios COAG, Premios CSCAE 2006, Enor 2007 e 2008, Saloni 2008 e 2009, FDP 2006 e VETECO 2012. Foron preseleccionados na V BIAU Montevideo 2005 e Premio Europeo de Paisaxe 2010. Participaron en diferentes exposicións e publicaron a súa obra en diversos medios profesionais.