O Colexio de Arquitectos de Galicia ofreceu hoxe unha xornada sobre a nova normativa de habitabilidade á que asistiron máis de 120 profesionais da arquitectura

Xornada_Normativa
A seguinte cita será mañá na Coruña – Auditorio da Fundación CaixaGalicia – , para acabar o próximo 4 de maio en Vigo


O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) ofreceu esta tarde no Centro Social Caixanova de Santiago unha xornada técnica sobre as “Novas Normas de Habitabilidade de Vivendas en Galicia”, en colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Esta xornada, dirixida a profesionais da arquitectura pero aberta a todos os interesados, foi impartida polo Grupo de Traballo do Hábitat do Colexio, composto por  José Angel Hermo, coordinador do grupo de traballo; Eduardo Alonso, director da Comisión de Asesoramento Tecnolóxico (CAT) do Colexio; e os arquitectos Patricia del Río e Iñaqui Soto, ademais de contar coa participación do director técnico de Construción e Calidade do IGVS, Ricardo Valencia. Ao acto asistiron máis de 120 arquitectos.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de marzo de 2010 publicouse a nova Normativa de Habitabilidade que regula as condicións que deben cumprir as vivendas para ser consideradas como tal, entrando en vigor o próximo 18 de abril. Este texto substitúe ás Normas do Hábitat, elaboradas pola anterior Consellería de Vivienda do Goberno bipartito.

A Normativa de Habitabilidade establece os requisitos mínimos de funcionalidade que deben cumprir as viviendas para considerarse habitables, garantizando as axeitadas condicións funcionais que deben reunir as vivendas sen entrar en conflito co resto da normativa que deben respectar os edificios destinados a uso residencial.

No novo texto legal axústanse lixeiramente os estándares dimensionais e de superficies mínimas que deben manter as distintas pezas das vivendas. Ao longo destes relatorios, de ata tres horas de duración (18:00-21:00 horas), expóñense e descríbense as cuestións máis significativas da nova normativa.

Estas charlas son gratuítas e de acceso libre, pero cun aforo limitado (polo que as prazas outorgaranse de forma automática por rigorosa orde de inscrición). Os participantes recibirán un certificado de asistencia, que poderán recoller, no seu momento, na delegación do COAG que corresponda coa cidade de celebración. A seguinte cita será mañá no Auditorio da Fundación CaixaGalicia da Coruña e a última xornada celebrarase en Vigo, o próximo 4 de maio no  Salón de actos do Edificio da Xunta de Galicia.