O PATORREB presentará os últimos estudos en edificios de rehabilitación de “enerxía case cero”

Javier_NeilaDebateranse as solucións máis axeitadas para reducir a demanda de calefacción e refrixeración

Javier Neila, catedrático da Universidad Politécnica de Madrid e relator do PATORREB:

“El objetivo básico en un edificio a rehabilitar de energía cero será bajar la demanda de forma drástica, reduciendo las necesidades de aportaciones complementarias de energías renovables”

Arquitectos e técnicos de toda España e Portugal actualizarán a súa formación e coñecementos sobre rehabilitación a partir do xoves próximo en Santiago de Compostela, na que será a cuarta edición do Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (PATORREB 2012). Este evento, organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia entre os días 12 e 14 de abril no Palacio de Congresos e Exposición de Galicia en Santiago, conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Concello de Santiago, a Universitat de Catalunya (UPC), a Facultade de Engenheria do Porto (FE.UP) e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Un dos seus participantes será o catedrático da Universidad Politécnica de Madrid (UPM), Javier Neila, experto en temas de acondicionamento, benestar, enerxía, sostibilidade e arquitectura bioclimática. Falará sobre a relación entre a rehabilitación e a enerxía e a busca do edificio de enerxía cero.

Neila explica que a directiva 2010/31 do Parlamento Europeo, relativa á eficiencia enerxética, obriga aos estados membros a que todos os edificios públicos novos ou rehabilitados sexan de consumo de enerxía case nulo antes do ano 2021. Estes edificios enténdese como unha solución a problemas causados polas emisións de CO2 ou pola dependencia do consumo de combustibles fósiles. “Lo importante es la generación y conservación de energía aplicando técnicas de reducción de la demanda y dependencia energética” –indica Neila–.

Durante a súa intervención no congreso, Neila presentará un estudo global sobre a problemática que supón reducir de forma significativa a demanda enerxética en edificios que se van rehabilitar. “En una rehabilitación no resulta fácil integrar componentes captadores de gran eficacia, debido a la mala orientación de las superficies, inclinaciones inadecuadas, poca superficie de cubierta o una ubicación urbana que podría provocar sombras sobre el edificio” –matiza–.

Nesta liña, Neila destaca que a principal directriz que marca a directiva europea é a redución da demanda ou consumo enerxético a case cero, cun apoio paralelo e complementario das enerxías renovables. “El objetivo básico en un edificio a rehabilitar de energía cero será bajar la demanda de forma drástica, reduciendo las necesidades de aportaciones complementarias de energías renovables” –continúa Javier Neila–. Ademais, indica que estas aportacións renovables poderían obterse de sistemas pasivos e non de compoñentes mecánicos, grazas ás condicións climáticas de España, que permiten deseñar edificios bioclimáticos altamente autosuficientes.

Redución das demandas de calefacción e refrixeración

O profesor busca as solucións máis axeitadas para reducir a demanda de calefacción e refrixeración, ou mesmo para producir enerxía renovable complementaria e conseguir un edificio de enerxía cero.

No caso da calefacción, o arquitecto explica que para reducir a demanda de enerxía por transmisión de calor hai que ter un control da transmitancia térmica de cada un dos elementos da envolvente “incorporando o incrementando el aislamiento térmico”, que no caso das fachadas realizarase mediante o illamento polo interior, na cámara de aire ou polo exterior.

Por outra parte, Neila comenta que para reducir a demanda de refrixeración ademais hai que eliminar ao mínimo as cargas solares, cunha fachada ventilada ou empregando a cor branca en calquera dos acabados do exterior expostos á radiación solar. Tamén sería preciso ter unha cuberta ventilada  ou con vexetación.

E para cubrir a demanda adicional usaranse as enerxías renovables, que axudarán ao edificio en rehabilitación a alcanzar a meta de enerxía case cero, Neila propón que para solventar as necesidades de calor a solución máis sinxela é a incorporación de caldeiras de biomasa. Outras alternativas son colocar colectores solares, empregar sistemas pasivos de quencemento solar ou unha bomba de calor con electricidade fotovoltaica ou de coxerador. E para lograr frío complementario a través de fontes renovables, Neila aconsella instalar sistemas pasivos de arrefriamento con ventilación nocturna ou sistemas de evaporizado, ademais dunha enfriadora con electricidade fotovoltaica ou de coxerador.

Este congreso ten como obxectivo primordial divulgar as técnicas e as preocupacións da rehabilitación. O punto de partida será a reflexión sobre a patoloxía da construción e a súa combinación coa rehabilitación arquitectónica. Presentaranse os últimos avances da investigación e execución, mediante propostas que traten as estratexias para a rehabilitación, as metodoloxías de diagnose, o dictame e proxecto, a adecuación á normativa vixente, a recuperación de espazos públicos e as súas infraestruturas, a adaptación enerxética, o reforzo de estruturas, a eficiencia das instalacións, as técnicas de reparación, así como a análise de casos concretos de proxectos e obras rehabilitadas.

O congreso reunirá a máis de 500 participantes chegados de diversos puntos de España e de países como Portugal (Oporto, Lisboa e Coimbra), Brasil, Arxentina, Italia ou Rumanía. Celebraranse 22 sesións plenarias ou relatorios sobre temas de rehabilitación urbana e enerxética, mantemento, uso, durabilidade e vida útil das edificacións e expoñeranse estudos concretos de casos. Outra das temáticas dos relatorios será a patoloxía, centrada no aspecto estrutural, da envolvente estanca e térmica, dos materias e elementos construtivos e a Inspección Técnica de Edificios. De xeito paralelo á celebración das sesións plenarias presentaranse 165 comunicacións ou charlas técnicas de profesionais adscritos a diversas universidades.