O Colexio de Arquitectos de Galicia programa nas súas sete delegacións xornadas técnicas sobre a normativa de habitabilidade

O Grupo de Traballo do Hábitat do COAG será o encargado de impartir os relatorios durante os meses de abril e maio

DatasO Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) organiza para os meses de abril e maio unhas xornadas técnicas sobre as “Novas Normas de Habitabilidade de Vivendas en Galicia”. Estas xornadas, que se celebrarán nas cidades onde se atopan as sete delegacións do COAG, estarán impartidas polo Grupo de Traballo do Hábitat do Colexio, composto por Eduardo Alonso, Patricia del Río, José Angel Hermo e Iñaqui Soto.
No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 18 de marzo de 2010 publicouse a nova Normativa de Habitabilidade que regula as condicións que deben cumprir as vivendas para ser consideradas como tal, entrando en vigor o próximo 18 de abril. Este texto substitúe ás Normas do Hábitat, elaboradas pola anterior Consellería de Vivienda do Goberno bipartito.

A Normativa de Habitabilidade establece os requisitos mínimos de funcionalidade que deben cumprir as viviendas para considerarse habitables, garantizando as axeitadas condicións funcionais que deben reunir as vivendas sen entrar en conflito co resto da normativa que deben respectar os edificios destinados a uso residencial.

No novo texto legal axústanse lixeiramente os estándares dimensionais e de superficies mínimas que deben manter as distintas pezas das vivendas. Ao longo destes relatorios, de ata tres horas de duración (18:00-21:00 horas), expoñeranse e describiranse as cuestións máis significativas da nova normativa.

Estas charlas son gratuítas e de acceso libre, pero cun aforo limitado (polo que as prazas outorgaranse de forma automática por rigorosa orde de inscrición). Os participantes recibirán un certificado de asistencia, que poderán recoller, no seu momento, na delegación do COAG que corresponda coa cidade de celebración.

Para consultar programa: http://www.coag.es/comisions/cat/agenda/