Compostela Arquitectura presenta esta tarde unha conferencia en Santiago a cargo do artista contemporáneo neoiorquino Vito Acconci

vito_acconciEsta charla impartirase no salón de actos do Colexio de Arquitectos de Galicia, ás 19:00 horas

Será no marco do curso de verán internacional que se celebra ata o 5 de agosto en San Martiño Pinario, coa participación dunha vintena de estudantes de todo o mundo


O Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute), no marco do seu curso internacional "Compostela Summer Program" que comezou o pasado 18 de xullo en San Martiño Pinario, organiza unha serie de sete intervencións especiais no seu programa. Do total de conferencias, o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) colabora en dúas delas, abrindo 30 prazas gratuítas aos seus colexiados. Son a conferencia desta tarde, ás 19:00 horas no salón de actos do COAG, dirixida por Vito Acconci, e a do próximo 2 de agosto, a cargo do arquitecto finés Juhani Pallasmaa.
Vito Acconci (New York, 1940) é un artista contemporáneo de Brooklyn que centra o seu traballo no rendemento e na instalación. Durante a súa intervención Acconci examinará como os seus proxectos contemporáneos inclúen unha parte tectónica e outra conceptual. O que aparenta como un cambio de produción na súa carrera é unha continuación dun desexo e unha curiosidade que comezou coas súas primeiras performances.

O CA Institute celebra por segundo ano consecutivo o seu curso internacional de verán, que nesta edición conta nas súas clases, talleres e visitas cun grupo de estudantes de USA, Canadá, Corea, Siria e varios países europeos. O curso pretende ser unha reflexión sobre a cidade contemporánea a partir das presenzas da historia, en palabras dos seus organizadores.

Arquitectos de proxección internacional como Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasmaa e Alvaro Siza participarán no curso, “cuxa presenza aquí provoca sempre un fenómeno difusor da arquitectura de Compostela nos seus respectivos lugares de orixe”, tal como destaca o CA Institute.

Para máis información: www.cainstitute.es