Compostela Arquitectura trae a Santiago a Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasmaa e Alvaro Siza como conferenciantes distinguidos

alvaro_sizaSerá no marco do curso de verán internacional que se celebra do 18 de xullo ao 5 de agosto en San Martiño Pinario, coa participación dunha vintena de estudantes de todo o mundo

O Instituto Compostela Arquitectura (CA Institute) celebra por segundo ano consecutivo o seu curso internacional de verán, que se inicia o 18 de xullo en San Martiño Pinario e finalizará o 5 de agosto. Un selecto grupo de estudantes de USA, Canadá, Corea, Siria e varios países europeos participarán nas clases, talleres e visitas que conforman o curso, que pretende ser unha reflexión sobre a cidade contemporánea a partir das presenzas da historia, en palabras dos seus organizadores.
Será no marco do curso de verán internacional que se celebra do 18 de xullo ao 5 de agosto en San Martiño Pinario, coa participación dunha vintena de estudantes de todo o mundo