O Colexio de Arquitectos presenta os datos de visado do 2009 que reflicten a evolución do urbanismo nos concellos galegos
- Detalles
- Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
- Published: Martes, 23 Febreiro 2010 00:00
- Visitas: 757
O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presenta mañá mércores, 24 de febreiro, os datos de vivendas visadas de 2009 e a publicación sobre a Evolución do visado e o estado urbanístico de todas as comarcas e concellos de Galicia no segundo semestre de 2009 e acumulado anterior. Na rolda de prensa estarán presentes o tesoureiro do COAG, José Antonio González González, e o presidente da Comisión de Visado do COAG, Antonio Freire Romero; ademais do equipo técnico da web de planeamento urbanístico da entidade colexial, dirixido polo coordinador técnico do COAG, Alberto Escobar.
Ademais das estatísticas de visado, o informe contén un breve comentario xeral que ofrece unha panorámica da situación actual no sector da construción e un acumulado dos datos presentados con anterioridade e que recollen, ademais dos visados do segundo semestre do ano, o cómputo global de 2009. Toda esta información, procesada e analizada por distintos profesionais do Colexio, permite coñecer a evolución e as previsións do mercado inmobiliario neste último ano, sendo de gran interese para todos os axentes relacionados coa edificación e o urbanismo.