A Fundación DOCOMOMO Ibérico inaugura mañá unha exposición en Madrid sobre equipamentos modernos construídos en España e Portugal entre 1925 e 1965

igrexaVigoA mostra recolle 84 obras de espazos destinados á ensinanza, administración pública, saúde e relixión

Galicia está presente con seis construcións dedicadas á ensinanza e á relixión

A Fundación DOCOMOMO Ibérico (Documentación e conservación do Movemento Moderno en España e Portugal) inaugura mañá en Madrid (Arquerías Nuevos Ministerios. Paseo de la Castellana 67) unha exposición  sobre o rexistro de equipamentos: “Lugares públicos e novos programas, 1925-1965”. O acto, que se celebrará a las 20:00 horas, contará coa presenza da ministra de Vivenda, Beatriz Corredor; o presidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE); Jordi Ludevid i Anglada, e o presidente do Docomomo Ibérico, e á súa vez o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña.
Nesta mostra preséntase un traballo de investigación e documentación realizado pola Fundación DOCOMOMO Ibérico sobre os equipamentos modernos construídos en España e Portugal entre 1925 y 1965. Realizouse unha selección dos espazos dedicados á docencia, á saúde, á administración pública e a relixión; quedando pendentes para futuras presentacións espazos destinados ao comercio, o ocio, o turismo e o transporte. Esta mostra saca á luz un intenso traballo de campo e documentación por parte dun amplo grupo de especialistas distribuídos por toda a xeografía española e portuguesa, conseguindo reunir un extenso inventario, que recolle cerca de 600 obras e conxuntos realizados entre 1925 y 1965.
A exposición recolle 84 obras, das cales 52 son espazos dedicados á ensinanza (30 colexios, 7 escolas de oficios e 15 conxuntos universitarios), 6 son espazos da administración pública, 8 do ámbito da la saúde e 18 da relixión.

Aspectos técnicos da mostra


A exposición concibiuse a través de 120 paneis, que conteñen información gráfica das obras así como unha ficha técnica e unha memoria. Realizáronse reportaxes fotográficos actuais das obras. Ademais, presenta unha base de datos coa totalidade dos rexistros DOCOMOMO Ibérico (industria, vivenda e equipamentos), unha maqueta e dúas proxeccións en powerpoint.

Seis obras galegas destacadas


Galicia aparece nesta publicación con 6 obras: A Coruña (1), Vigo (2), O Incio (1), Ourense (1), Baños de Molgas (1). Tres das obras correspóndense con edificios de ensinanza, mentres que a outra metade pertencen a construcións relixiosas, todas elas levadas a cabo por diferentes arquitectos na década dos 60. As obras galegas presentadas son: a Igrexa de Santa Cruz do Incio (Lugo), o IES Crucero Baleares (Culleredo), a Igrexa parroquial da Nosa Señora das Neves (vigo), o Colexio de Educación Especial Saladino Cortizo (Vigo), o convento das Madres Carmelitas Descalzas (Ourense) e o Colexio dos Milagros de Baños de Molgas (Ourense).

A Fundación

DOCOMOMO é a sigla de Documentation and Conservation of buildings, sites and neighbourhoods of the Modern Movement e corresponde á Organización DOCOMOMO Internacional creada en 1990, que ten a súa sede en París.

Co obxectivo de divulgar e protexer o patrimonio arquitectónico do Movemento Moderno, configurou unha estratexia xeográfica da cal derivou a creación da Fundación DOCOMOMO Ibérico, con sede en Barcelona, que coordina a consecución destes obxectivos xerais aplicados a España e Portugal.

Este proxecto estase levando a cabo no ámbito territorial ibérico a partir da colaboración de diversas entidades e institucións, especialmente dos Colexios de Arquitectos e Institutos do Patrimonio dos gobernos autónomos.

Desde a súa constitución DOCOMOMO Ibérico realizou numerosas iniciativas de documentación e estudo do patrimonio moderno nos territorios ibéricos que se concretaron en publicacións, seminarios e campañas de protección de edificios. Grazas a estes traballos documentáronse máis de 1200 edificios que constitúen o patrimonio arquitectónico do século XX.

DOCOMOMO Ibérico estuda tamén a arquitectura da industria (traballo publicado en 2005 baixo o título Arquitectura e industrias modernas, 1925-1965. Rexistro DOCOMOMO Ibérico), a vivenda (traballo presentado en 2009 na sala Zuazo, Nuevos ministerios, cunha exposición e unha publicación: A vivenda moderna, 1925-1965. Rexistro DOCOMOMO Ibérico).