A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza mañá un curso de certificación enerxética

certificado_enegetico_casaA entidade abrirá unha bolsa de traballo para que os cidadáns que aluguen ou vendan unha vivenda poidan obter a calificación de eficiencia enerxética que esixe a nova normativa que entrará en vigor o 1 de xuño

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza mañá venres, 31 de maio, un curso básico de certificación enerxética de edificios existentes na súa sede (rúa Federico Tapia, 62-64) entre as 10:00 e as 20:30 horas. O Real Decreto 235/2013 polo que se regula o procedemento básico de certificación enerxética dos edificios entrará en vigor este sábado, 1 de xuño. Esta norma terá como principal misión regular que nos contratos de compravenda ou arrendamentos de edificios ou vivendas sexa necesaria a presentación do certificado de eficiencia enerxética, tanto en edificios novos como nos existentes.

Segundo destaca o presidente da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos, Carlos Pita, esta nova esixencia abre un “interensante” ámbito de traballo para os arquitectos. A delegación coruñesa abrirá unha bolsa de traballo específica para a certificación enerxética, onde os interesados, ben persoas que aluguen ou vendan unha vivenda, poidan acudir á entidade colexial é solicitar que un arquitecto lle realice un certificado enerxético.

O curso estará impartido por formadores de formadores en certificación enerxética polo IDEA- INEGA, Santiago Pintos, Iria Ramos e Alberto Redondo. Analizarase o contido da nova normativa, así como a utilización das ferramentas informáticas desenvoltas para a realización da calificación enerxética dos edificios existentes mediante a opción simplificada. A formación no manexo do programa informático (CE3X e CE3) incluirá a realización de diversos casos prácticos. Está prevista unha nova edición do curso para o vindeiro venres, 7 de xuño.