Antonio Maroño toma posesión hoxe do seu cargo como decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, relevando no posto a Jorge Duarte

Antonio_MarooColabora desde hai anos coa Administración autonómica  supervisando proxectos e obras

O Colexio de Arquitectos de Galicia terá oficialmente novo decano a partir de hoxe, o arquitecto Antonio Maroño, que foi elixido o pasado 20 de marzo polos colexiados. Substituirá no cargo a Jorge Duarte, que dirixiu a entidade os últimos dous anos. Acompañarán a Antonio Maroño na xunta de goberno do Colexio de Arquitectos Carlos Rodríguez de la Torre, como tesoureiro, José Luis Sanmiguel Guerreiro, como secretario da institución; e como vogais da xunta de Goberno Elvira Carregado Pazos, Xosé Manuel  López Leira, Alfredo Díaz Grande; ademais de Xosé Manuel Rosales Noves, como vogal por Vigo, e Cristóbal Crespo González, como vogal por A Coruña. A nova xunta de goberno agradece o traballo realizado polo equipo anterior.

Antonio Maroño Cal é Arquitecto pola ETSA da Coruña desde 1993,  ano no que foi galardoado co premio COAG fin de carreira. Ademais, Maroño ten un Executive MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Traballou varios anos como profesional libre e como docente, e leva desde 1998 vencellado á xestión de proxectos e obras, na Sociedade Pública de Investimentos e como arquitecto da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

A xunta directiva da Delegación da Coruña queda constituída con Carlos Pita como presidente, Concepción García no cargo de secretaria, e Jorge Meijide exercendo de tesoureiro. A Delegación de Vigo estará presidida por Antonio Davila, acompañado polo secretario Simón Pereiro, e Manuel Martínez na tesoureira da xunta directiva. En Ferrol, que contaron nestas eleccións con candidatura única, tomarán posesión dos cargos o presidente, Ramón Monteron Cereijo; o secretario Santiago González Fernández, e o tesoureiro José Alejandro Romero Alonso. E en Santiago, a arquitecta Idoia Camiruaga será a nova tesoureira da Delegación compostelá.