- Detalles
-
Categoría: CITT-USC
-
Published: Luns, 25 Xaneiro 2010 00:00
-
Visitas: 974
O equipo de investigación do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega desenvolve a súa actividade desde o ano 1992 na Sección de "Historia da Lingua" do Instituto da Lingua Galega (USC), recollendo a historia da lingua da comunidade desde os seus comezos. Contando con financiamento e apoio da Universidade de Santiago, de distintas consellerías da Xunta de Galicia e do Ministerio de Educación, na actualidade fórmano os profesores da USC Xavier Varela Barreiro (director), Xosé Luís Couceiro, Ramón Mariño e Eduardo Moscoso. Participan como persoal contratado Lucía Doval, Iria Pérez Mariño e Iago Santiso. Colaboran tamén Raquel Alonso, Amparo Cereixo, Rocío Dourado, Paulo Martínez e Ricardo Pichel.
Con este proxecto, o Instituto da Lingua Galega materializou dous desexos: o de contribuír á modernización das redes fundamentais de apoio á investigación en distintos ámbitos e disciplinas e, complementariamente, o de ofrecerlle á sociedade en xeral a posibilidade de acceder comodamente ás nosas fontes medievais (no site http://ilg.usc.es). Tocante á súa utilidade, representa desde hai tempo unha infraestrutura de investigación e consulta de grande alcance sobre a que asentaron múltiples investigacións ou informes filolóxicos (da Real Academia Galega, por exemplo), históricos, xurídicos e doutro teor xa concluídos e publicados, e abre de cara ao futuro novas e atraentes expectativas.
Ler máis: Investigadores da USC crean un corpus informático coa historia da lingua galega desde que comezou...