Investigadores da USC desenvolven un simulador naval para a súa aplicación en centros de formación

simnav5-vlcDesenvolvido en colaboración co CIS Galicia, é unha ferramenta accesible e económica, fronte aos sistemas profesionais que poden alcanzar os 60.000 euros

O grupo MAR -Multimedia, Animación e Realidade Virtual- da Universidade de Santiago traballa actualmente en colaboración co CIS Galicia (Centro de Innovación e Servizos) no desenvolvemento dun simulador naval. Trátase dunha ferramenta de interese para a formación de estudantes no eido da navegación e a manobra de buques, en particular para o título de capitán de barco.

 

Ler máis: Investigadores da USC desenvolven un simulador naval para a súa aplicación en centros de formación

Investigadores da USC desenvolven un chip de ADN para detectar con rapidez e de xeito simultáneo todos os microorganismos patóxenos en alimentos de orixe mariña

investigadora_LHICA_webOs sistemas actuais esixen facer unha análise para cada microorganismo e non son tan efectivos

Un equipo de investigadores do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (LHICA) da Universidade de Santiago de Compostela está a avanzar no desenvolvemento de métodos moleculares rápidos que permitan a detección e identificación de microorganismos patóxenos ou alterantes da calidade en alimentos de orixe mariña. A USC colabora nesta liña con expertos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, da Universidade Complutense de Madrid e do Consello Nacional de Investigación en Milán.

 

Ler máis: Investigadores da USC desenvolven un chip de ADN para detectar con rapidez e de xeito simultáneo...

Investigadores da Universidade de Santiago promoven a comercialización de produtos agrarios a través de internet para evitar a perda de poboación no medio rural

Carlos_Ferras_webEstán a impulsar tamén un turismo alternativo no rural, aportando unha visión diferente do mesmo

O Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio (GIS-T) da Universidade de Santiago estuda dende hai anos a aplicación das novas tecnoloxías de cara a lograr o desenvolvemento urbano e rexional. Céntranse en particular nas comunidades rurais.

 

Ler máis: Investigadores da Universidade de Santiago promoven a comercialización de produtos agrarios a...

Científicos da USC estudan rexións do ADN implicadas na pigmentación humana con fins forenses e de investigación criminal

medicina_legal_webTamén poden ofrecer datos sobre a orixe xeográfica dun sospeitoso ou dun cadáver

O Servizo de Xenética Forense da Universidade de Santiago, que dirixe Mª Victoria Lareu Huidobro, está integrado no Instituto Universitario de Medicina Legal da USC, dirixido por Ángel Carracedo. Traballan, entre outras liñas de investigación, na análise de rexións do ADN implicadas na pigmentación humana con fins forenses e de investigación criminal.

Ler máis: Científicos da USC estudan rexións do ADN implicadas na pigmentación humana con fins forenses e de...

Investigadores da USC participan nun proxecto europeo que pretende facer fronte á obesidade dende unha perspectiva económica

economicas_vlcEstudan os efectos de solucións diferentes ás médicas, como o incremento dos prezos dos produtos altos en graxas e azucres, para controlar a enfermidade

Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago está a realizar unha serie de estudos no eido da Economía da Saúde. En particular traballan nun proxecto europeo centrado na obesidade, no que participan expertos de diferentes países.

 

Ler máis: Investigadores da USC participan nun proxecto europeo que pretende facer fronte á obesidade dende...