Investigan como controlar a incidencia dos prións, axentes implicados no mal das vacas tolas

prion__lab_web
Un equipo da USC coordina un proxecto europeo que tenta esclarecer as súas particularidades

Un equipo de investigadores do Departamento de Medicina da USC coordina un proxecto europeo centrado no estudo dos prións, axentes causantes dun grupo de patoloxías neurodexenerativas letais que afectan aos mamíferos (tanto animais como humanos), como a encefalopatía esponxiforme bovina, popularmente coñecida como mal das vacas tolas. Na iniciativa participan tamén 21 grupos de I+D de universidades, centros de investigación e empresas procedentes dun total de once países, nov e da Unión Europea, S uíza e Israel.

 

Ler máis: Investigan como controlar a incidencia dos prións, axentes implicados no mal das vacas tolas

Estudan a introdución no organismo humano de sensores que alertan da presenza e agresividade dun tumor

equipo_oncologia_molecular_webEnxeñaría xenética, proteínas que emiten luz e sensores para detectar o crecemento dun tumor poderían ser os ingredientes dun filme de ciencia ficción. Non obstante estes son os eixos dunha liña de investigación arredor da que está a traballar o grupo de Oncoloxía Molecular da USC. Os investigadores deste equipo están a empregar nos seus ensaios de laboratorio unha técnica de imaxe funcional óptica baseada na emisión de luz, para a localización dos tumores e a determinación da súa perigosidade.

 

Ler máis: Estudan a introdución no organismo humano de sensores que alertan da presenza e agresividade dun...

Avanzan no deseño de novos antídotos para o tratamento da intoxicación por chumbo

equipo_plomo_webO chumbo ten unha toxicidade elevada, que afecta en particular ao cerebro e é máis perigosa para os nenos

O Grupo de Química de Coordinación e Bioinorgánica da USC estuda dende hai anos como se produce a intoxicación por metais pesados, en particular por chumbo. A toxicidade por este metal, xa de por si prexudicial  para os seres vivos, incrementa o seu perigo nos nenos. O nivel de contaminación mídese pola súa presenza en sangue, considerándose nocivo a partir de dez microgramos por decilitro, no caso concreto do chumbo. A súa acumulación provoca unha enfermidade denominada plumbose que afecta sobre todo ao sistema nervioso central e, no caso dos máis cativos, incidindo no seu normal desenvolvemento.

 

Ler máis: Avanzan no deseño de novos antídotos para o tratamento da intoxicación por chumbo

Investigadores da USC avanzan no deseño de cristais fotónicos, que poderían substituír no futuro a fibra óptica e os circuítos electrónicos

equipo_ICG_webEstes materiais poderían empregarse para a fabricación de tecidos que impidan o paso da radiación infravermella ou como illantes térmicos

Un equipo de investigadores do Instituto de Cerámica da Universidade de Santiago que dirixe o profesor Francisco Guitián está a avanzar no desenvolvemento de cristais fotónicos, materiais novidosos con aplicacións moi diversas. Os expertos, que para os aspectos máis teóricos colaboran coa Escola de Óptica da USC e de Física da Universidade de Vigo, ocúpanse do deseño e elaboración destes dispositivos, o que implica a manipulación de materiais a escala nanométrica.

 

Ler máis: Investigadores da USC avanzan no deseño de cristais fotónicos, que poderían substituír no futuro a...

Investigadores da USC avanzan no coñecemento dos mecanismos neurolóxicos que participan na psicomotricidade

equipo_neurociencia_webRepresenta un gran paso na busca de tratamentos que aborden as disfuncións vinculadas co desequilibrio, o movemento e a posición do corpo

O Grupo de Neurociencia de Sistemas da USC realizou un estudo electrofisiolóxico das neuronas sensitivas que participan na percepción do movemento e da posición do corpo. Ambos sentidos, vinculados coa psicomotricidade, conforman unha sensibilidade denominada propioceptiva de vital importancia na coordinación do movemento, na acción dos músculos, de xeito que permite o desprazamento do corpo ou dunha extremidade.

 

Ler máis: Investigadores da USC avanzan no coñecemento dos mecanismos neurolóxicos que participan na...