Expertos en visión artificial da USC están desenvolvendo un sistema automático que permitirá inspeccionar os trens en marcha

equipo_alexandria_webBúscase que o recoñecemento das máquinas sexa o máis rápido posible e sen necesidade de paralas

O Grupo de Visión Artificial da USC está participando nun proxecto nacional que traballa no desenvolvemento de técnicas e metodoloxías de inspección de danos e metroloxía dimensional de nova xeración para os sectores aeronáutico, ferroviario, naval e eólico.

 

Ler máis: Expertos en visión artificial da USC están desenvolvendo un sistema automático que permitirá...

Un equipo de psicólogos da Universidade de Santiago investiga se os nenos e nenas autistas teñen dificultades para aprender por imitación

grupo_aprendizaxe_implicita_webUn equipo de investigadores da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago está a estudar a orixe cognitiva do autismo, e máis concretamente se existe déficit na aprendizaxe implícita, a capacidade de aprender de xeito inconsciente, sen prestar atención e sen intención.

 

Ler máis: Un equipo de psicólogos da Universidade de Santiago investiga se os nenos e nenas autistas teñen...

As maiores concentracións de ozono en Galicia rexístranse na primavera e o verán

santiago_saavedra_webÉ unha conclusión da tese de doutoramento de Santiago Saavedra sobre a contaminación por ozono troposférico en Galicia

A concentración de ozono na capa máis baixa da atmosfera -denominada troposfera- aumenta na primavera e no verán, rexistrando niveis que nalgúns casos superan os indicadores establecidos pola lexislación. Así o explica Santiago Saavedra que acaba de defender a súa tese de doutoramento centrada na contaminación por ozono troposférico en Galicia baixo a dirección do profesor José Antonio Souto.

 

Ler máis: As maiores concentracións de ozono en Galicia rexístranse na primavera e o verán

Estatísticos da Universidade de Santiago participaron nun proxecto nacional que busca materiais cerámicos de maior aceptación

manuel_febrero_webUn equipo de investigadores da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago coordinado polo profesor Manuel Febrero Bande colaborou nun proxecto nacional destinado ao desenvolvemento de novos produtos e servizos no sector cerámico. Tratábase de caracterizar as propiedades físicas (oído, olfacto, vista e tacto) dos revestimentos cerámicos, baldosas en particular, e doutros materiais destinados á construción e de analizar as reaccións dos posibles clientes, de cara a crear patróns. Deste xeito, os fabricantes poden deseñar un catálogo de revestimentos máis adecuado ás preferencias dos usuarios.

 

Ler máis: Estatísticos da Universidade de Santiago participaron nun proxecto nacional que busca materiais...

A USC participa nun proxecto internacional para seleccionar as obras e os autores máis representativos da literatura europea

marina_arbor_webPerséguese sentar as bases destes estudos en secundaria

Un equipo de investigadores da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago coordina en España un proxecto internacional que busca elaborar un canon da literatura europea, o conxunto de obras e autores máis representativos de cada país, coa fin de empregalo como material de estudo no ensino secundario. A iniciativa, liderada pola Universidade La Sapienza de Roma e financiada polo programa Educación e Cultura da UE, estana a desenvolver universidades e centros de secundaria de Alemaña, Portugal, Italia, Francia, Romanía, Hungría, Macedonia, Bélxica, República Checa e España.

 

Ler máis: A USC participa nun proxecto internacional para seleccionar as obras e os autores máis...