A actividade emprendedora recupérase en Galicia tras tres anos de descenso
- Detalles
- Categoría: CEG
- Published: Luns, 17 Decembro 2012 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 827
En 2011 o 53% das intencións empresariais fixéronse realidade, fronte ao 27% do ano anterior; e os proxectos consolidados manteñen unha evolución superior ao conxunto nacional
O 9% da poboación galega manifesta a súa intención de crear unha empresa nos vindeiros tres anos
Fontenla confía en que as novas normativas de emprendedores previstas para principios de 2013 se axusten ás súas necesidades
A Confederación de Empresarios de Galicia presentou esta mañá os resultados do Informe GEM relativos a 2011. O Proxecto GEM (Global Entrepreneurship Monitor) é o observatorio internacional de referencia sobre a actividade emprendedora. Está integrado por 55 países e a comunidade galega aporta os seus datos a este estudo dende hai sete anos. Ademais da CEG, na súa aplicación en Galicia colaboran o Igape e a Universidade de Santiago.
Ler máis: A actividade emprendedora recupérase en Galicia tras tres anos de descenso