O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asiste mañá en Santiago ao Foro Empresarial “Claves para a recuperación económica”, que organiza a CEG

a_fontenla_webO presidente da CEOE, Juan Rosell, na súa primeira visita insitucional a Galicia, presentará as propostas dos empresarios para reactivar a economía

Abordarase a situación económica actual e a previsión para os vindeiros anos, a reforma laboral, o novo panorama financeiro e as estratexias europeas para a recuperación económica

O Auditorio de Galicia, en Santiago, acolle mañá mércores 9 de novembro, o Foro Empresarial – Claves para a Recuperación Económica, que organiza a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) como acto principal do seu 30 aniversario. Celebrarase entre as 9:30 e as 13:30 horas. Durante o encontro, que reunirá a unha elevada representación do empresariado galego, analizarase a eficacia das medidas adoptadas ata o momento para facer fronte á crise e presentaranse unha serie de propostas para a reactivación da economía.

O presidente da CEOE asistirá, na súa primeira visita oficial a Galicia, ao Foro Empresarial que organiza a Confederación de Empresarios de Galicia

rosell_ceoe_webO presidente do Instituto de Estudos Económicos, José Luis Feito, abordará a situación económica actual e a previsión para os vindeiros anos

Tratarase tamén a reforma laboral, o novo panorama financeiro e as estratexias para reactivar a economía que manexa a Unión Europea

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle a vindeira semana, o mércores 9 de novembro, o Foro Empresarial – Claves para a Recuperación Económica, que organiza a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) como acto central do seu 30 aniversario. Durante o encontro, que reunirá a unha elevada representación do empresariado galego, analizarase a eficacia das medidas adoptadas ata o momento para facer fronte á crise e presentaranse unha serie de propostas para a reactivación da economía.

Ler máis: O presidente da CEOE asistirá, na súa primeira visita oficial a Galicia, ao Foro Empresarial que...

A Confederación de Empresarios de Galicia cumpre 30 anos ao servizo das empresas da comunidade

    fontenla_webO seu presidente, Antonio Fontenla, valora a importante transformación que experimentou a economía galega e o seu tecido produtivo
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) cumpre trinta anos de servizo en favor das grandes, pequenas e medianas empresas da comunidade. Naceu en 1981, tralo acordo das catro confederacións provinciais de empresarios, meses antes da celebración das primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. O seu obxecto é fomentar o sistema de iniciativa privada e a economía de mercado, promover a unidade e a integración empresarial, representar os intereses xerais do empresariado e impulsar o desenvolvemento económico de Galicia.

A Confederación de Empresarios de Galicia réndelle homenaxe ao seu presidente fundador, Álvaro Rodríguez Eiras, no 30 aniversario da organización

eiras_fontenla_webLogo da súa participación na constitución da CEG, en 1981, foi designado o seu primeiro presidente

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebra o seu 30 aniversario. Con este motivo, o vindeiro 9 de novembro, a entidade organiza o Foro Empresarial – Claves para a Recuperación Económica, que reunirá no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a unha elevada representación do empresariado da comunidade. Este foro, no que se analizará a eficacia das medidas adoptadas ata o momento para facer fronte a crise e se presentarán unha serie de propostas para a reactivación da economía, servirá de marco para renderlle homenaxe ao presidente fundador da CEG, Álvaro Rodríguez Eiras.

Ler máis: A Confederación de Empresarios de Galicia réndelle homenaxe ao seu presidente fundador, Álvaro...

A Confederación de Empresarios de Galicia celebra o seu 30 aniversario cun foro no que se presentarán as claves para a recuperación económica

rueda_fontenla_webContará coa presenza do presidente da CEOE, Juan Rosell, na súa primeira visita institucional a Galicia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebra este ano o seu 30 aniversario. No marco dos actos conmemorativos, a entidade vai organizar o Foro Empresarial – Claves para a Recuperación Económica, o vindeiro 9 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O presidente da CEG, Antonio Fontenla Ramil, presentou o evento esta mañá en rolda de prensa.

Ler máis: A Confederación de Empresarios de Galicia celebra o seu 30 aniversario cun foro no que se...