Os empresarios piden que se simplifique a normativa que regula a prevención de riscos laborais
- Detalles
- Categoría: CEG
- Published: Mércores, 09 Mai 2012 08:31
- Escrito por Azucena
- Visitas: 537
Agora son os empresarios e non os traballadores quenes, ante un accidente laboral, están obrigados a demostrar a adopción de medidas necesarias para previr ou evitar o risco
O presidente da CEG, Antonio Fontenla, destacou que as empresas galegas, debido ao seu pequeno tamaño, necesitan máis apoio neste eido
A Confederación de Empresarios de Galicia celebrou esta mañá unha xornada sobre prevención de riscos laborais. Inauguraron o acto a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da CEG, Antonio Fontenla. Na súa intervención, o presidente da CEG manifestou “a necesidade de simplificar e flexibilizar a normativa de prevención, de maneira que se facilite a súa aplicación e se eviten os obstáculos que dificultan a prestación de servizos nesta materia”. En relación a estes obtáculos, fixo referencia ao Real Decreto 404/2010, que regula a redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribúen á diminución da sinistralidade laboral. “A complexidade á hora de acreditar os requisitos necesarios, ten levado a moitas pequenas empresas a renunciar á súa aplicación” -declarou-.