A CEG formou esta semana a un centenar de profesionais de toda Galicia que traballan no eido da prevención de riscos laborais no seo das empresas

formacion_prl_cec_webA entidade considera unha tarefa prioritaria a mellora das condicións de traballo, así como a protección da seguridade e a saúde dos traballadores

A vindeira semana celébrase un seminario centrado na importancia da avaliación de riscos nas organizacións empresariais

Durante esta semana a Confederación de Empresarios de Galicia celebrou varias accións formativas vencelladas á prevención de riscos laborais. Nestes seminarios abordáronse aspectos tan relevantes como a coordinación de actividades empresariais, en particular a coordinación da seguridade e saúde en obras de construción. Tamén se tratou como realizar unha avaliación de riscos psicosociais no marco da empresa, a través de factores como a carga mental, a autonomía temporal, o contido do traballo, a definición de rol ou a supervisión e participación. Ademais, incidiuse na implantación de sistemas de xestión de prevención de riscos laborais e na auditoría dos mesmos.

Ler máis: A CEG formou esta semana a un centenar de profesionais de toda Galicia que traballan no eido da...

Fontenla avoga por un gran pacto de consenso para facer fronte á delicada situación económica

fontenla_APD_webMalia a liña de rescate europeo, o presidente da CEG apunta que as economías galega e española seguirán polo camiño da recesión e o paro irá en aumento

Anima ao Executivo a proseguir nas reformas que detallou no seu discurso de investidura, entre outras no eido educativo, xudicial, fiscal e enerxético

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, participou esta mañá na xornada promovida pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) baixo o título “Galicia na saída da crise. Investimento e confianza para un novo impulso”. A súa intervención centrouse na situación que están a atravesar as empresas galegas.

Ler máis: Fontenla avoga por un gran pacto de consenso para facer fronte á delicada situación económica

A CEG animará aos empresarios das catro provincias a participar no mercado das licitacións públicas internacionais

onu_webNos últimos catro anos as empresas galegas conseguiron preto de cen millóns de euros neste ámbito

En 2011 o número de contratos incrementouse un 92% con respecto ao exercicio anterior, pasando de 12 a 23 adxudicacións

A Confederación de Empresarios de Galicia organiza, en colaboración co Igape, un ciclo de seminarios centrados nas oportunidades que ofrece o mercado das licitacións públicas internacionais para as empresas galegas. Desenvolveranse durante o mes de xuño nas confederacións provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra. Na de Ourense terá lugar en setembro.

Ler máis: A CEG animará aos empresarios das catro provincias a participar no mercado das licitacións...

Fontenla destaca a necesidade de reforzar a cooperación empresarial entre Galicia e o Norte de Portugal como unha estratexia básica para reactivar a economía dos dous países

guimaraesO presidente da CEG está a participar en Guimarães nun encontro centrado na colaboración entre España e Portugal no eido das pemes

No primeiro trimestre de 2012 as exportacións galegas a Portugal descenderon un 6,8% e as importacións un 2,9%

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, está a participar na cidade portuguesa de  nun encontro centrado na cooperación entre Portugal e España no ámbito das pemes, organizado polo Ministerio de Economía e Emprego do país veciño, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Portugal. Nesta experiencia intervén tamén a Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria de España, a Dirección Xeral de Empresa e Industria da Comisión Europea, xunto con diversos representantes políticos e empresariais dos dous países.

Ler máis: Fontenla destaca a necesidade de reforzar a cooperación empresarial entre Galicia e o Norte de...

O embaixador de Xapón sinalou esta mañá na CEG que as principais oportunidades de negocio no país sitúanse no sector agroalimentario, en particular a través de produtos como o viño, o peixe, gourmet e saudables

fontenla_satoru_webEn 2011 Galicia exportou ao país asiático produtos e servizos por valor de 61 millóns de euros, na súa maioría confección feminina e peixe conxelado

A organización galega foi convidada a participar nun comité entre empresarios de Xapón e España organizado co gallo da celebración do Ano de Xapón en España

O embaixador de Xapón en España, Satoru Satoh, presentou esta mañá na Confederación de Empresarios de Galicia as oportunidades de negocio no país para as empresas galegas. Cun PIB de 4,39 billóns de dólares, Xapón é a cuarta economía mundial, por detrás de Estados Unidos, China e India. O ano 2010 supuxo para o país o remate dun longo período de recesión, aínda que o devastador terremoto sufrido en marzo de 2011 provocou unha forte caída da actividade, que está comezando a recuperarse.

Ler máis: O embaixador de Xapón sinalou esta mañá na CEG que as principais oportunidades de negocio no país...