O presidente da CEG, Antonio Fontenla, representa a Galicia no cumio bilateral que se celebra hoxe en Rabat entre os presidentes de Goberno de España e Marrocos
- Detalles
- Categoría: CEG
- Published: Martes, 02 Outubro 2012 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 512
O país marroquí ofrece oportunidades de investimento en sectores como as infraestruturas, o saneamento de augas e as enerxías renovables
No primeiro semestre do ano Galicia exportou a Marrocos produtos e servizos por valor de 230 millóns de euros
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, participa hoxe en Rabat na Reunión de Alto Nivel que están a manter os gobernos de España e Marrocos, representados polos seus respectivos presidentes, Mariano Rajoy e Abdelilah Benkirane. A este cumio bilateral asisten tamén o presidente da CEOE, Juan Rosell, e a da Confederación de Empresarios de Marrocos, Meriem Bensaleh Cheqrun, xunto con empresarios e responsables de organizacións empresariais territoriais e sectoriais de toda España.