- Detalles
-
Categoría: CEG
-
Published: Martes, 06 Novembro 2012 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 517
Cunhas 5.400 empresas que exportan con regularidade, Galicia está a incrementar o número de traballadores noutros países
Organizacións de alcance internacional como Pescanova, Vodafone ou a firma que deseña as tendas de Inditex relatarán a súa experiencia
A relevancia que está a ter o comercio exterior na comunidade galega e o notable incremento do número de empresas exportadoras, levou á CEG a organizar unha xornada na que se analizará a xestión da prevención de riscos laborais nos procesos de internacionalización. Celebrarase mañá xoves, na sede da entidade, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Ler máis: A CEG abordará as medidas que deben adoptar as empresas galegas presentes no exterior para...
- Detalles
-
Categoría: CEG
-
Published: Xoves, 18 Outubro 2012 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 533
Representantes institucionais e empresariais dos dous territorios reuníronse esta mañá para establecer posibles vías de colaboración
Ao encontro asistiron tamén voceiros da Fundación Philippe Cousteau, que procura socios para os proxectos que teñen no país
Unha delegación do sector pesqueiro e medioambiental de Cuba mantivo esta mañá na sede da CEG un encontro cun grupo de empresarios galegos e representantes institucionais da comunidade. Á xuntanza asistiu o secretario xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, Juan Carlos Maneiro; o conselleiro económico-comercial da embaixada de Cuba en España, José Fernández Estévez; e o secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO), Juan Manuel Vieites.
Ler máis: Cuba busca en Galicia empresas para desenvolver o seu sector marítimo-pesqueiro e avanzar na...