Representantes de Facebook España darán a coñecer ás pemes galegas as oportunidades de promoción empresarial que ofrece esta rede social

facebook_empresasProporcionaranlles unha guía para axudalas a que medre o seu número de clientes e a impulsar as súas vendas

Facebook conta na actualidade con 15 millóns de usuarios en España

A Confederación de Empresarios de Galicia celebra a vindeira semana unha xornada sobre Facebook para pequenas e medianas empresas. Terá lugar o xoves, 14 de febreiro, na sede da entidade, en Santiago de Compostela.

Nos últimos tempos as redes sociais están a experimentar un importante desenvolvemento entre a sociedade pero tamén presentan un gran potencial económico. Nesta liña, con este taller preténdese profundizar nas oportunidades de promoción empresarial que ofrece Facebook, rede que conta na actualidade con 15 millóns de usuarios en España.

Na xornada participarán expertos en crecemento e marketing de Facebook España. Compartirán cos asistentes consellos prácticos. E proporcionaranlles unha guía para axudarlles a atopar, a través desta rede social, novos clientes, dirixir tráfico aos seus sitios web ou tendas e fidelizar aos seus clientes. Tamén se darán a coñecer casos de éxito de pequenas e medianas empresas galegas que empregan Facebook para facer medrar a súa base de clientes e impulsar as súas vendas.

Este taller, reservado a empresas e asociacións empresariais, celebrarase en horario de 10:30 a 12:00 horas. A asistencia é gratuíta, ata completar o aforo. As inscricións pode realizarse de maneira directa a través da páxina web da Confederación de Empresarios de Galicia (www.ceg.es).