Os empresarios auguran unha nova desaceleración, cunha previsión de 5,5 millóns de desempregados para o primeiro trimestre do ano

foro_ceg_webO presidente da CEOE, Juan Rosell, destaca a restrición de financiamento ás empresas, que se prevé que descenda aínda máis nos vindeiros meses, como o problema principal que están a sufrir os empresarios

Segundo o presidente da CEG, Antonio Fontenla, tódolos sectores da economía, industrial, o agro e os servizos, están a pagar un altísimo prezo pola crise

Os empresarios reclaman, entre outras reformas, unha reforma laboral que determine con exactitude as causas do despido e unha regulación específica da extinción dos contratos, para conseguir a flexibilidade que precisan as empresas

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou esta mañá o acto central do seu 30 aniversario, o Foro Empresarial – Claves para a Recuperación Económica. O evento reuniu no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a unha elevada representación do empresariado galego. Durante o encontro analizouse a eficacia das medidas adoptadas ata o momento para afrontar a crise e presentáronse unha serie de propostas para reactivar a economía.

O presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Juan Rosell, na que é a súa primeira visita institucional a Galicia, resaltou con ánimo positivo que, “a pesar de la destrucción de tres millones de empleos en los últimos cuatro años, no podemos poner en duda toda nuestra economía y nuestro sistema financiero”. Na súa intervención puntualizou tamén que “no se pueden recapitalizar indiscriminadamente los bancos”, xa que isto xera inseguridade e falta de confianza na economía española.

Rosell manifestou que “la falta de financiación es el gran problema. El sistema financiero no tiene liquidez suficiente, porque la liquidez que le llega a las empresas y familias está prácticamente en números de cero, y la única manera para solucionarlo es que nos den más financiación a nivel global, para lo que hay que generar confianza hacia los mercados internacionales”. E en canto ao máximo obxectivo do vindeiro Goberno, sinalou que será rebaixar a diferenza co bono alemán.

Entre as reformas e medidas económicas concretas para xerar emprego, o voceiro da CEOE destacou a reforma do sector público. Nesta liña, referiuse a “un Estado de las Autonomías más eficiente, de acuerdo con los ayuntamientos y con una mayor coordinación con el Estado central”. En canto á reforma do mercado laboral, afirmou que existen “demasiados” tipos de contratos, ademais da necesidade de aliviar a “maraña administrativa”. Así, reclamou unha lexislación similar á europea, posto que as indemnizacións aos traballadores “ahogan a las empresas y las matan definitivamente”.

O presidente da CEOE salientou que “nuestra legislación es un galimatías. Necesitamos menos leyes, más claras y concretas y que no puedan modificarse en un determinado plazo de tiempo”. Respecto á destrución de emprego, lembrou que dende que comezou a crise cerraron en España 400.000 empresas, preto de 40.000 o último ano. Ademais, apuntou que en 2007 creáronse 150.000 empresas, mentres que este ano só se constituíron unhas 75.000. Nesta liña, afirmou que “la medicina contra la crisis es crear empresas, incentivar a los empresarios y fortalecer el espíritu emprendedor”.

Fontenla destacou a importancia da internacionalización das empresas para afrontar a crise, apoiándose na taxa de cobertura galega no primeiro semestre, que alcanzou o 126%

O presidente da CEG, Antonio Fontenla Ramil, destacou a falta de financiamento como o principal problema que está a sufrir o tecido empresarial. “El goteo de empresas que se ven abocadas al cierre es incesante -en total 1.500 desde comienzos de año- y previsiblemente 2012 será de nuevo un ejercicio sumamente complicado, sobre todo en su primera mitad, dado que las dificultades económicas se están recrudeciendo”. Por outro lado, fixo referencia á “atonía de la demanda interna, con unos exiguos niveles de consumo e inversión. El descenso que registra mes tras mes este indicador está motivando la continua revisión a la baja de las previsiones de crecimiento”.

“Especialmente dolorosa es la tendencia que está experimentando la producción industrial en Galicia, en números rojos desde septiembre de 2010. Llevamos trece meses consecutivos de desplome. El naval, el textil, la automoción, la industria de la alimentación, de la madera… los grandes sectores de la estructura económica de Galicia están pagando un altísimo precio por la crisis. Y no sólo los industriales, también el sector primario y los servicios sufren grandes penalidades” -declarou Fontenla-.

Ante esta situación, o presidente da CEG considera que o urxente é modificar “una normativa laboral que supone un freno a la contratación; una elevada fiscalidad que desincentiva, por ejemplo, la reinversión empresarial; un sector público desmesurado, gravoso y con dificultades para adaptarse a los nuevos tiempos; junto con un sistema educativo, de formación profesional, energético y judicial poco eficiente”.

“Necesitamos realizar un esfuerzo común a favor del cambio. Y, como empresarios, está en nuestras manos, en primer lugar, apostar por la internacionalización”. Nesta liña, referiuse a que no primeiro semestre do ano a taxa de cobertura galega superou em máis de 40 puntos á española, alcanzando un 126%.

Por outro lado, o presidente da CEG subliñou a importancia da innovación, centrada non só no desenvolvemento de novos produtos, senón tamén de melloras nos procesos, de cara a aforrar custos, optimizar a seguridade, a eficiencia ou o impacto ambiental.

O presidente do Instituto de Estudos Económicas prevé unha agudización da crise nos vindeiros meses se non se acometen reformas substanciais

Durante o encontro interviu o presidente do Instituto de Estudos Económicos e responsable da Comisión de Política Económica e Financeira da CEOE, José Luis Feito Higueruela. Declarou que a grave situación actual é optimista fronte á que nos agarda para os vindeiros tres ou catro meses, nos que se prevé unha “fase de desaceleración profunda”, co conseguinte aumento da taxa de paro e, por tanto, do número de desempregados. “Sea cual sea el resultado electoral el próximo 20 N, habrá un crecimiento negativo en los últimos meses del año, pudiendo alcanzar una tasa de paro máxima del 22,5%, con 5,5 millones de parados para el primer trimestre del próximo año, 5000.000 más que las cifras actuales. Y esta tendencia seguirá agudizándose si no se toman medidas con reformas sustanciales” -declarou-.

Para alterar estas previsións tan negativas, Feito indicou que, en primeiro lugar, ten que salvarse a zona euro. “Hemos perdido la capacidad de decidir sobre nuestro futuro, sobre nuestra soberanía monetaria y fiscal” -sinalou- e referiuse á crise de Grecia. “Algo ha tenido que hacerse mal para que un país tan pequeño pueda poner en peligro el euro y la economía mundial. No se han entendido las consecuencias de la unión monetaria y ahora estamos sufriendo la peor crisis del capitalismo desde los años 30”.

No caso de salvarse a zona euro, o presidente do Instituto de Estudos Económicos augura “cifras de paro descomunales” se non se acometen reformas substanciais do entramado institucional. “La restricción de financiación a las empresas va a seguir cayendo, con lo que su situación se va a complicar todavía más hacia finales de año y en el primer trimestre de 2012” -anunciou-. E sinalou que isto non se debe á mala vontade dos bancos, senón a que a economía española depende moito do crédito exterior. “A los bancos no le prestan lo que precisan y, por tanto, tampoco pueden prestar” -afirmou-. E sinalou que “no se puede cortar brutalmente la financiación y ese es el problema fundamental en estos momentos”.

O experto indicou que a economía española para crear emprego e non destruilo precisa medrar un 1,5%. “Necesitamos el doble de financiación exterior de la que tenemos para que no incremente el paro. Pero para conseguirla es necesario cumplir con los requisitos de la política fiscal que ha impuesto Europa, para no recaer en otra crisis. A partir de ahí el sistema financiero español tiene que ser capaz de incrementar el crédito interior”. Nesta liña, Feito declarou que cómpre “culminar la reforma del sistema financiero, someterlo a una cirugía profunda porque de lo que se haga ahora depende nuestro futuro para los próximos veinte años”.

O vicepresidente da CEOE abordou a reforma laboral pendente como requisito fundamental para deter as cifras de desempregados

Pola súa parte, o vicepresidente da CEOE e presidente da Confederación de Empresarios de Andalucía, Santiago Herrero León, abordou a “reforma laboral pendente”. Nesta liña, expuxo que cómpre “un marco legal adecuado para la creación y mantenimiento del empleo porque, tal como lo demuestran las estadísticas, la última reforma no ha funcionado”. E declarou que temos “un mercado laboral distorsionado, segmentado, con el 92,5% de contratos temporales y 7% indefinidos”.

En canto ás indemnizacións por despido, apuntou que “el marco laboral es lo que nos diferencia de Europa. Los demás países tienen un sistema más flexible que el nuestro. El nuevo Gobierno deberá acometer una nueva y profunda reforma del marco jurídico laboral”. E puxo de manifesto que esta reforma debe centrarse en tres cuestións fundamentais: a contratación, a flexibilidade e a negociación colectiva.

Respecto aos tipos de contratos, Herrero afirmou que os traballadores fixos están “hiperprotegidos”, mentres que os temporais están suxeitos a unha menor protección e garantía, polo que “es necesario evolucionar hacia una situación diferente a la actual”. Así, manifestou que “hay que reducir el número de contratos laborales a seis para satisfacer las necesidades de las empresas: indefinido, temporal, de obra y servicios, fijo discontinuo, a tiempo parcial indefinido o temporal y de formación o prácticas”.

O vicepresidente da CEOE declarou que urxe regular a extinción dos contratos posto que “es muy cara. Conviene determinar con exactitud las causas del despido y llevar a cabo una regulación específica de extinción del contrato, con el propósito de conseguir la flexibilidad que necesitan las empresas”. Nesta liña, sinalou que máis do 80% dos casos de despido son declarados “objetivos”.

Ao acto de clausura asistiu o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Na súa intervención apoiou as propostas dos empresarios para saír da crise. Nesta liña, fixo referencia á necesidade dunha reforma laboral centrada na contratación e non no despido. Tamén apuntou a urxencia de que o crédito volva fluír para as empresas, así como o papel relevante que ten a Unión Europea para reactivar a economía, ademais da importancia da interacción das empresas galegas coas portuguesas e coas empresas das economías emerxentes.