Máis de 30.000 empresarios da área de Compostela elixirán o próximo 22 de abril aos novos membros do pleno da Cámara de Comercio

Un total de 30.235 electores de nove grupos empresariais da Cámara de Comercio de Santiago poderán elexir aos novos membros do seu pleno nas eleccións que se celebrarán o próximo 22 de abril, tras a convocatoria aberta onte pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Os empresarios terán que elexir a 20 representantes, que compoñerán o pleno do organismo cameral, e que saíran de distintos grupos de actividade.

Constituirase unha  xunta electoral, composta por tres persoas do electorado da Cámara e dúas do órgano tutelar (a Dirección Xeral de Comercio). As candidaturas elixibles por sufraxio do electorado presentarán escrito no rexistro da Cámara durante os próximos quince días, no horario habitual de apertura da entidade cameral. Teñen como límite de presentación ata o 4 de marzo.

Ler máis: Máis de 30.000 empresarios da área de Compostela elixirán o próximo 22 de abril aos novos membros...

A Cámara de Comercio de Santiago impartirá 57 accións formativas neste primeiro semestre do ano

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación de cursos para o primeiro semestre deste ano que darán comezo o próximo luns-1 de febreiro. Un total de 57 actividades, entre xornadas, seminarios e cursos, conforman a programación para estes seis meses de 2010.

O obxectivo prioritario destes cursos é contribuír a elevar o nivel profesional do empresario e os seus colaboradores nos distintos campos do negocio e mellorar a capacidade profesional do empregado ou daquelas persoas que queiran incorporarse ao mundo laboral. Non é necesaria titulación para asistir a estes cursos, pero si certos coñecementos básicos para poder seguilos con eficacia. Aos alumnos que superen positivamente os cursos, asistindo como mínimo ao 80% das clases, outorgaráselles un diploma ou certificado.

 

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago impartirá 57 accións formativas neste primeiro semestre do ano

A Cámara de Comercio entrega 50 diplomas aos participantes en programas de creación de empresas e emprendedores no comercio

Entrega diplomas INCYDEA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrou esta mañá un acto no seu viveiro empresarial, no que se entregaron os diplomas aos 50 participantes en tres cursos. Trátase de 2 PROGRAMAS DE CREACIÓN e CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS, organizados en colaboración coa Fundación INCYDE (Instituto Cameral de Creación y desarrollo de la Empresa), que contaron con financiamento do Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo; e de 1 PROGRAMA de FORMACIÓN de EMPRENDEDORES no COMERCIO, impartido pola Fundación INCYDE e que contou con financiamento do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Deputación Provincial de A Coruña.

O acto estivo presidido polo titular da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, o director xeral da Fundación INCYDE, Ángel Colomina, o presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, e Filomena Casal, secretaria xeral da Cámara compostelá. Tamén asistiron Fernando Barros, secretario xeral adxunto da Cámara de Comercio de Santiago, así como Rosa Cardeso, responsable do viveiro cameral. Igualmente estiveron presentes Juan Cabrera, director financeiro, Óscar Fraile, director de proxectos Formación de Emprendedores no Comercio, e Pedro Verdasco, director de proxectos Programa de Creación e Consolidación de Empresas, os tres da Fundación INCYDE.

Ler máis: A Cámara de Comercio entrega 50 diplomas aos participantes en programas de creación de empresas e...

O Programa de Apoio Empresarial á Muller conseguiu crear 43 novos postos de traballo durante 2009

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela leva catorce anos traballando co Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM), que está dando uns resultados cada vez máis significativos e positivos. O PAEM ten como obxectivo erradicar os obstáculos que atopa a muller para acceder e consolidarse no mercado laboral, a través das fórmulas do autoemprego e a iniciativa empresarial como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por mulleres.

Durante 2009 deuse cobertura a un total de 159 mulleres, realizáronse 183 consultas de asesoramento e creáronse 43 novas empresas. Neste último ano o PAEM conseguiu crear 84 novos proxectos, dos cales 43 finalizaron como empresa aberta  xerando 43 novos postos asalariados (16 integrados por homes e 27 por mulleres).

Ler máis: O Programa de Apoio Empresarial á Muller conseguiu crear 43 novos postos de traballo durante 2009

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación de cursos para o primeiro semestre deste ano que darán comezo o próximo luns-1 de febreiro. Un total de 57 actividades, entre xornadas, seminarios e cursos,

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela acollerá unha conferencia de Javier Gómez Navarro, presidente do Consello Superior de Cámaras, o vindeiro venres-22, ás 19 horas, na súa sede compostelá da rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo (Teféfono: 981 59 68 00). Javier Gómez-Navarro (Madrid, 1945), é o presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio dende o 10 de febreiro de 2005; é licenciado en Enxeñaría Química Industrial e foi ministro de Comercio e Turismo entre 1993 e 1996, en cuxa etapa se aprobou a Lei de Comercio de 1996.

Gómez Navarro dará unha conferencia, patrocinada por Caixanova, na que debullará as claves da actual conxuntura económica. A Cámara compostelá cursou invitación aos principais organismos oficiais (Concello e Universidade de Santiago, Consellería de Economía e Industria, Deputación da Coruña, entre outros), colexios profesionais, asociacións empresariais e uns douscentos empresarios, así como a medios de comunicación e ás súas cámaras irmás de Galicia.

 

Ler máis: A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación...