A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos publica un traballo sobre a ruta de peregrinación a Fisterra, “O camino á fin da terra”

Portada_e_contraportada_publicacinTrátase dunha obra do historiador Manuel Vilar, natural de Muxía, distinguida co Premio de Investigación Rutas Xacobeas

Jesús Asorey, presidente da Asociación: “A investigación pon en valor o variado catálogo de recursos do territorio: paisaxe, patrimonio, gastronomía, festas e romarías”

O autor asegura que o estudo pode contribuír a mellorar a calidade de vida dos habitantes da zona


A Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos publica un traballo galardoado co Premio de Investigación Rutas Xacobeas, dotado con 4.500 euros. Esta obra, do historiador de Muxía Manuel Vilar Álvarez, versa sobre o Camiño de Fisterra.

O comité organizador da reunión anual da Sociedad Nuclear Española, que se celebrará en Santiago o próximo outubro, reuniuse hoxe coa Cámara de Comercio de Santiago

Presentaron as liñas de traballo da sociedade e propuxeron unha posible colaboración coa entidade cameral

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela mantivo esta tarde un encontro institucional co comité organizador da 36ª Reunión Anual da Sociedad Nuclear Española (SNE). Na reunión estiveron presentes o presidente Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, a secretaria xeral da Cámara, Filomena Casal; o presidente do comité organizador, Pedro Ortega; o director técnico do Foro de la Industria Nuclear Española, Antonio González; ademais do secretario xeral da SNE, José Luis Elviro.
Na visita, os membros do comité presentaron as liñas de traballo da SNE, ademais de propoñer unha posible colaboración coa Cámara de Comercio para a cita do mes de outubro. Neste mes (6-8 de outubro) celebrarase a 36ª Reunión Anual da SNE no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago). Este congreso, de carácter estatal e internacional, contará coa participación de máis de 500 expertos, profesionais, investigadores, profesores e autoridades relacionados coa enerxía nuclear. Os seus asistentes, tanto españois como internacionais –chegados de Francia, Inglaterra, Alemaña, Italia, EEUU, China e Xapón– serán fundamentalmente científicos, enxeñeiros, técnicos, médicos, avogados, economistas, autoridades das administracións central, autonómica e local, altos directivos e xornalistas especializados.

A Reunión Anual terá unha duranción de tres días, de mércores a venres, que se prolongará ata o sábado con actividades culturais e deportivas. O eixo central da reunión é un intenso programa técnico, complementado coa participación colectiva dos asistentes en actos sociais e culturais en lugares emblemáticos da cidade. O programa técnico consta dunha sesión inaugural e unha de clausura. Dentro do  programa incluiranse dúas sesións plenarias e varias monográficas, dedicadas a temas enerxéticos ou con influencia no campo enerxético da máxima actualidade e relevancia. Este ano, as sesións  plenarias versarán sobre o “Almacén Temporal Centralizado (ATC)” e sobre “Enerxía e vehículo eléctrico”. O núcleo do programa son as sesións técnicas e cursos sobre materias específicas. O número de relatorios técnicos variará entre 250 e 300.

Orixes da sociedade

A SNE constituíuse en 1974 como unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública en 1996. Agrupa aos profesionais do sector nuclear e un dos seus obxectivos fundamentais é a divulgación e o avance da ciencia e tecnoloxía nuclear. A SNE conta na actualidade con máis de 1.000 socios individuais e colectivos. É socio fundador da Sociedad Nuclear Europea (ENS) e mantén acordos de cooperación coa Sociedad Nuclear Americana (ANS).

A Comisión de Innovación do Consello Superior de Cámaras celebrou unha reunión na Cámara compostelá coa representación de trece entidades

Comisin_Innovacin_
Na xuntanza estiveron presentes directivos de cámaras españolas e das Cámara de Comercio de A Coruña, Vigo, Ferrol e Vilagarcía

Os asistentes valoraron a Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación como unha iniciativa centrada case exclusivamente no sistema público


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela acolleu hoxe unha reunión da Comisión de Innovación do Consello Superior de Cámaras, presidida por José García Costas, titular da Cámara de Vigo. Á cita acudiron trece representantes de cámaras españolas e galegas, como a Cámara de Comercio de Mallorca, Alicante, Castellón, Madrid, Bilbao, Gijón e Jaén, ademais das Cámara de A Coruña, Vigo, Ferrol e Vilagarcía, entre outras.

Ler máis: A Comisión de Innovación do Consello Superior de Cámaras celebrou unha reunión na Cámara...

Os empresarios do Barbanza ven mellores expectativas económicas en todas as súas áreas de negocio: industria, construción, comercio, hostalería e outros servizos

Grafico_ICE_BarbanzaA debilidade da demanda é o factor que máis limita o crecemento da confianza empresarial

Son datos que aparecen recollidos no Indicador de Confianza Empresarial do 1º trimestre de 2010, presentado hoxe no Concello de Boiro e elaborado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentou esta mañá no Concello de Boiro o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza cos resultados do primeiro trimestre e expectativas para o segundo trimestre de 2010. No acto estiveron presentes o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; o alcalde de Boiro, Xosé Deira; a concelleira de Economía, Dores Torrado; a secretaria xeral da Cámara, Filomena Casal; e o secretario xeral adxunto da mesma, Fernando Barros.

Yáñez S.L. e Mª José García Gómez completarán o pleno da Cámara de Comercio de Santiago

Jess_AsoreyObtiveron 106 e 105 votos respectivamente fronte a 3 de Casty-Romer nas eleccións celebradas onte

Os tres candidatos optaban a dúas vocalías da 1ª categoría do Grupo 5 de Comercio, onde había 2.252 electores


A Cámara de Comercio de Santiago celebrou onte eleccións nas súas sedes de Santiago e Boiro, nunha xornada que transcorreu con normalidade e sen incidencias. Só había votacións na 1ª categoría do Grupo 5 de Comercio, onde tiña dereito a sufraxio 2.252 electores. Contáronse 216 votos coa seguinte distribución:

-    Yáñez S.L. = 106
-    María José García Gómez = 105
-    Casty-Romer = 3
-    Votos nulos = 2

Ler máis: Yáñez S.L. e Mª José García Gómez completarán o pleno da Cámara de Comercio de Santiago