O viveiro da Cámara de Comercio de Santiago acolle nas súas instalacións á primeira empresa española dedicada en exclusiva ao aluguer de vehículos deportivos descapotables

cocheIncorporáronse sete empresas constituídas, en fase de proxecto no viveiro físico e no virtual que suman un total de 30 entidades rexistradas actualmente

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela incorporou as súas instalacións sete empresas: tres con ubicación física, dúas en fase de proxecto no viveiro virtual e outras dúas en fase de proxecto no viveiro físico.

Unha das incorporacións máis destacadas é Skythinking, a primeira firma dedicada en exclusiva ao aluguer de vehículos deportivos descapotables de España. A entidade (www.skythinking.com) ofrece aos seus clientes un turismo de experiencias, emocións para gozar de rutas por Galicia “con sensacións novas e pracenteiras” –destacan os seus propietarios. Esta idea de negocio tenta unir o pracer de conducir un coche descapotable coa visión das paisaxes galegas.

 

Ler máis: O viveiro da Cámara de Comercio de Santiago acolle nas súas instalacións á primeira empresa...

La Cámara de Comercio de Santiago participa en un encuentro empresarial con organismos internacionales de la ONU en Ginebra

Viajaron cinco empresas gallegas de diversos sectores de negocio para presentar sus productos y servicios

ONU_GinebraLa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ha asistido desde este lunes-28 a un encuentro empresarial con Agencias de Compra de la Organización de Naciones Unidas (ONU). Esta acción de comercio exterior se ha realizado en colaboración con la Cámara de Comercio Hispano-Suiza, dentro del  Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas (FOEXGA).

Jesús Asorey seguirá á fronte da Cámara de Comercio de Santiago coa intención de involucrarse “aínda máis” ante os cambios que se aveciñan

Pleno_da_Cmara_de_Comercio_de_SantiagoO pleno está composto por 23 membros e o comité executivo por oito representantes, que inclúen ao presidente, tres vicepresidentes, tesoureiro e tres vogais

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela celebrou hoxe o acto de constitución do pleno baixo a presidencia da directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a presenza da secretaria xeral da entidade, Filomena Casal, e o secretario adxunto, Fernando Barros. O pleno elixiu a Jesús Asorey como presidente, quen pechou a composición do comité executivo:
Presidente                      Jesús Asorey
Vicepresidente 1º         José Evaristo Rodríguez Carracedo
Vicepresidente 2º         José Luis Rodríguez Dacal
Vicepresidente 3º         José Lorenzo Puente Cespón
Tesoureiro                     Juan José Maril Pardo
Vogais                            Delmiro Prieto, Juan C. Carneiro, Manuel Iglesias

Jesús Asorey, que leva doce anos no cargo, afronta un novo mandato coa intención de “involucrarse aínda” máis en todos os temas que afecten á cidade e á demarcación cameral, que intregran 32 concellos do sur da provincia de A Coruña. O presidente afirma que “estamos nun momento crucial para Santiago e Galicia, debido á transfornación urbanística da cidade e á chegada á nosa comunidade da alta velocidade, polo que dende a Cámara faremos un esforzo de xestión e programación para estarmos presentes en todos os foros estratéxicos e de toma de decisións”.

 

Ler máis: Jesús Asorey seguirá á fronte da Cámara de Comercio de Santiago coa intención de involucrarse...

A Cámara de Comercio de Santiago organizou hoxe unha xornada sobre as garantías e cartas de crédito standby no comercio exterior

Balbin
A nova normativa sobre garantías da Cámara de Comercio Internacional comezará a executarse a partir do vindeiro xoves, 1 de xullo


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela ofreceu hoxe unha xornada sobre Garantías Internacionais a Primeiro Requerimento: Novas Normas - As URDG 758, impartida polo director de Comercio Exterior e coordinador Territorial Galicia e Castela do Banco Sabadell, Javier Balbín. Na apertura da xornada o relator estivo acompañado pola secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Filomena Casal, e o secretario adxunto, Fernando Barros.

Empresarios composteláns coñeceron as novidades da Lei de Responsabilidade Ambiental nunha xornada organizada pola Cámara de Comercio

Xornada_responsabilidade_ambiental_Cmara_Comercio_Santiago_Anxo_Mourelle_Filomena_Casal_e_Luis_Gonzlez_01A normativa prevé, evita e repara os danos medioambientais, de acordo cos principios de prevención

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organizou hoxe, en colaboración coa entidade European Quality Assurance (EQA),  unha xornada formativa sobre a responsabilidade ambiental no salón de actos da entidade cameral dirixida aos empresarios da súa área cameral. Celebráronse catro relatorios sobre as novidades da Lei de Responsabilidade Ambiental, análises de riscos medioambientais, garantías financeiras e verificación de riscos. A xornada foi presentada pola secretaria xeral da Cámara, Filomena Casal, e protagonizada por catro expertos, Luis González García, asociado senior de  Garrigues S.L.P.; Anxo Mourelle, director de Serumano; David Burgos Carrasco, responsable de Medio Ambiente de AON Gil y Carvajal; e Tomás Justo Marquina, verificador de Riscos Ambientais de EQA.

 

Ler máis: Empresarios composteláns coñeceron as novidades da Lei de Responsabilidade Ambiental nunha xornada...