Os empresarios do Barbanza non confían na evolución dos seus negocios a final de ano

graficonA debilidade da demanda é o factor que máis limita o crecemento para as empresas da comarca

Son datos que aparecen no Indicador de Confianza Empresarial do 3º trimestre de 2010, presentado hoxe no Concello de Boiro e elaborado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

O Observatorio Económico reuniuse esta mañá para debater novas propostas de actividades para 2011


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, desde a súa Antena Local de Boiro, presentou esta mañá no Concello boirense o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza cos resultados do terceiro trimestre e expectativas para o cuarto trimestre de 2010. No acto estiveron presentes o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; o alcalde de Boiro, Xosé Deira; a concelleira de Economía, Dores Torrado; a secretaria xeral da Cámara, Filomena Casal; e o secretario xeral adxunto, Fernando Barros.

A Cámara de Comercio de Santiago fomenta a innovación nas empresas coa colaboración de centros de coñecemento como a USC

CoecementoO reto do programa é que as empresas asimilen que unha innovación estratéxica e unha transferencia do coñecemento orientada a resultados pode aumentar a súa competitividade

Jesús Asorey: “É unha nova marca das Cámaras de Comercio que fan da innovación o factor clave do éxito empresarial”


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela celebrou esta mañá unha xornada sobre innovación e transferencia de coñecemento para as empresas da súa demarcación cameral, programa coñecido como a Feira do Coñecemento. Este proxecto forma parte do Programa Innovación e Transferencia do Coñecemento, que comezou a executarse este ano como unha nova liña estratéxica a seguir polas Cámaras de Comercio. Foi aprobado polo Fondo Social Europeo (FSE) e cofinanciado ademais, polo Ministerio de Ciencia e Innovación, o Consejo Superior de Cámaras, así como polas diferentes Cámaras participantes.

A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos inaugura mañá en Astorga unha exposición sobre as rutas de peregrinación a Compostela

BotafumeiroA mostra, “En Camino”, permanecerá aberta na sala da Obra Social de Caja España ata o 29 de outubro

A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos inaugura mañá xoves, 21 de outubro, en Astorga a exposición fotográfica “En Camino”, centrada nas rutas de peregrinación a Santiago de Compostela. A mostra, instalada na sala da Obra Social de Caja España da cidade leonesa, inaugurarase ás 20:30 horas.

 

Ler máis: A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos inaugura mañá en Astorga unha exposición sobre as...

A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos proxectará as rutas de peregrinación a Santiago de Compostela máis alá do Ano Santo

asembleaAsí o decidiu na asemblea xeral que se celebrou hoxe na Cámara de Comercio de Astorga

A entidade está formada na actualidade por 40 Cámaras de Comercio, trala incorporación de Valladolid, Segovia, Madrid e Barcelona


A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos reuniuse hoxe na Cámara de Comercio de Astorga co obxecto de fixar diferentes liñas de traballo para 2011 e avaliar os labores efectuados ata o momento. Na reunión estiveron presentes  o presidente da Asociación de Cámaras e presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; o presidente da Cámara de Comercio de Astorga, Juan Carlos Fernández; a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Filomena Casal; o secretario adxunto, Fernando Barros; e en representación da Secretaría da Asociación, o presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Francisco Moldes, e a secretaria xeral, Mª del Rosario Lorenzo; ademais dunha ampla representación do resto de membros.

La Cámara de Comercio de Santiago convoca una beca para hacer prácticas sobre turismo internacional en Milán

milanSe trata de una acción de comercio exterior patrocinada por la Xunta de Galicia, Plan Foexga, Fondos FEDER y la Cámara compostelana

El plazo de presentación de candidaturas estará abierto hasta el 19 de noviembre


La Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca una beca para la realización de prácticas de promoción de turismo internacional en Milán (Italia) durante 2011. El plazo de presentación de candidaturas estará abierto hasta el 19 de noviembre. Esta acción de comercio exterior está patrocinada por la Xunta de Galicia, el Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas (Foexga), Fondos FEDER (Fondo Europeo de Desarrollo Regional) y por la Cámara de Comercio de Santiago.