A Cámara de Comercio de Santiago presentou hoxe a actualización das normas Incoterms 2010 sobre as condicións de entrega de mercancías

BalbnEsta xornada, organizada en colaboración co Banco Sabadell, contou cun centenar de asistentes que encheron o salón de actos cameral

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, en colaboración co Banco Sabadell, presentou hoxe unha xornada sobre a nova actualización das regras Incoterms 2010 da Cámara de Comercio Internacional, que entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2011.

A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos fai un balance “positivo” do Ano Santo e programa as súas actividades para 2011

AsembleaExpoñerán a mostra “En Camino” por doce cidades de paso de peregrinación e convocarán as becas de investigación xacobeas e concursos de fotografía e narrativa

A xunta directiva da Asociación celebrou hoxe a última asemblea xeral do ano na Cámara de Comercio de Santiago


A Asociación de Cámaras dos Camiños Xacobeos reuniuse hoxe na Cámara de Comercio de Santiago para realizar un balance xeral do Ano Santo,  presentar os presupostos para o próximo 2011 e o seu programa de actividades. Na xuntanza estiveron presentes o presidente da Asociación de Cámaras e da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; o secretario da Asociación, Francisco Moldes; e outros representantes de Cámaras galegas e españolas.

Un 20 por ciento de los que practican esquí padece enfermedades de la visión

cochenieveSe necesitan gafas de protección 4 con filtros de color marrón, amatista o amarillo

El principal daño que produce la nieve en los ojos se conoce como oftalmía o irritación constante de la conjuntiva y de la córnea

El Colegio de Ópticos-Optometristas de Galicia recuerda que para coger el coche con temporal es necesario revisar la vista para evitar accidentes graves en carretera


El Colegio de Ópticos-Optometristas de Galicia quiere hacer una llamada de atención a todos los que vayan a aprovechar estos días del puente de la Constitución para hacer una escapada de descanso o para practicar el deporte estrella del invierno, el esquí. En esta época del año se multiplica el número de personas que sufren lesiones en sus ojos por no protegerlos debidamente. La nieve refleja sobre los ojos el 90 por ciento de los rayos ultravioletas, mientras que lo normal es que recibamos menos del 10%. Este hecho puede llegar a provocar una ceguera temporal, de ahí la importancia de tener en cuenta una serie de recomendaciones para evitar futuros daños.

O programa Intelitur desvela ás empresas do turismo galego as claves para innovar e competir

inteliturforoÉ unha iniciativa das Cámaras,  a Secretaría de Estado de Comercio e fondos europeos FEDER que contou en Santiago coa participación de 200 empresas

Jesús Asorey, presidente da Cámara de Santiago, reclamou “alturas de miras, lealdade institucional e rigor técnico e profesional para ganar o futuro”


Santiago de Compostela acolleu esta mañá o Foro Intelitur de Innovación e Turismo. O evento celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia coa participación de 200 empresas do sector. O acto foi inaugurado polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Jesús Asorey; o presidente do Consello Galego de Cámaras, José Costas; o subdirector xeral de Planificación e Coordinación das OETS de Turespaña, Álvaro Blanco; e pola secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo.

A Cámara de Comercio de Santiago celebrou unha xornada técnica de comercio interior para incentivar a innovación nos puntos de venta co uso de técnicas que estimulen o consumo

FenoyPresentouse unha guia de axuda para abrir establecementos comerciais destinada a emprendedores

Participaron representantes de 30 Cámaras de Comercio de toda España


A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrou hoxe na súa sede a XVIII edición da xornada monográfica de Comercio Interior do Consejo Superior de Cámaras. Foi inaugurada polo presidente da entidade cameral, Jesús Asorey; e o presidente da Comisión de Comercio Interior do Consejo Superior de Cámaras e presidente da Cámara de Comercio do Campo de Gibraltar, Carlos Fenoy.