A maridaxe entre melindres e café será a protagonista da XXII Festa do Melindre de Melide que se celebrará o 12 de maio

Presentacin_eventoO barista Óscar de Toro impartirá mañá na vila melidense unha master class de combinados de café na que participarán máis de 25 hostaleiros

  • Os días 4 e 5 de maio celebrarase un concurso de combinados no que o gañador recibirá o seu peso en quilos de café

  • MelindresRicos & Coffee Tour presentouse hoxe na Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e o Concello de Melide presentaron hoxe en Santiago “MelindresRicos & Coffee Tour”, un evento antesala da XXII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide. Ao acto asistiron o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; o concelleiro de Turismo de Melide, Santos López; o presidente da Asociación de Melindreiros Terra Doce, Alberto Rodríguez; e o barista profesional do café Venecia de Santiago, Óscar de Toro.

Ler máis: A maridaxe entre melindres e café será a protagonista da XXII Festa do Melindre de Melide que se...

A Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá servizos de información e asesoramento comercial aos establecementos de Santiago e a súa comarca

comercioEstas prestacións serán gratuítas para os comerciantes que se asocien á Cámara de Comercio

Así o establece o acordo de colaboración asinado hoxe cos centros comerciais As Cancelas, Área Central e Santiago Centro

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela asinou hoxe un convenio de colaboración cos centros comerciais As Cancelas, Área Central e a Fundación Santiago Centro. O acto de sinatura estivo encabezado polo presidente da entidade cameral, Jesús Asorey; o xerente de As Cancelas, Abraham Cano; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e o presidente da Fundación Santiago Centro Área Comercial, José María Fernández. Asistiron tamén o secretario da Fundación Santiago Centro, Delmiro Prieto, e o secretario xeral da Cámara de Comercio, Fernando Barros.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago ofrecerá servizos de información e asesoramento comercial aos...

A Cámara de Comercio de Santiago abre vías comerciais con Chile e Perú para trece empresas galegas

construccinFernando Pérez- Soba, técnico de internacionalización:

“As exportacións galegas a Perú incrementáronse o pasado ano case un 62 por cento e a Chile un 45 por cento”

Esta acción de internacionalización está programada para os próximos días no marco do Plan Foexga

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza os  próximos días (20-28 de abril) unha misión comercial directa a Chile e Perú, na que participarán trece empresas galegas, que viaxarán acompañadas pola técnico de internacionalización da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Pérez-Soba. Esta misión comercial enmárcase no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia coa participación de todas as Cámaras galegas a través de Fondos Feder.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago abre vías comerciais con Chile e Perú para trece empresas galegas

A Cámara de Comercio e Banco Sabadell imparten un taller sobre o método para presentar un proxecto emprendedor a unha entidade financeira

optimistaCelebrarase o próximo xoves, 25 de abril, a partir das 9:30 horas no viveiro de empresas de Costa Vella

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e Banco Sabadell organizan unhas xornadas técnicas sobre emprendemento e internacionalización destinadas a empresas, emprendedores e público en xeral interesado na materia, que se celebrarán nos meses abril, xuño, setembro e novembro.

Ler máis: A Cámara de Comercio e Banco Sabadell imparten un taller sobre o método para presentar un proxecto...

A Cámara de Comercio de Santiago e a Escuela de Negocios Novacaixagalicia asinaron hoxe un convenio de colaboración sobre accións formativas

escuelanegociosOs alumnos asociados á entidade cameral terán descontos nestes programas de formación de primeiro nivel

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Escuela de Negocios Novacaixagalicia asinaron hoxe na entidade cameral un acordo para establecer a regulación de futuras colaboracións en materia de formación. A rúbrica do acordo foi realizada polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o director da Escuela de Negocios Novacaixagalicia, Eduardo García Erquiaga. Ademais, ao acto asistiu o secretario xeral da Cámara de Comercio, Fernando Barros.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago e a Escuela de Negocios Novacaixagalicia asinaron hoxe un...