A Cámara de Comercio de Santiago celebra o próximo luns un curso sobre loxística no comercio exterior

logisticaInformarase aos asistentes sobre a cadea de loxística, o transporte ou a documentación das operación internacionais

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ofrecerá a semana próxima un curso sobre loxística en comercio exterior nas aulas formativas da entidade cameral. Esta actividade formativa, de 20 horas de duración, impartirase desde o vindeiro luns, 18 de marzo, ata o venres-22, en horario de 18:00 a  22:00 horas, dirixida a profesionais que desenvolvan a súa carreira profesional no ámbito internacional. O curso estará impartido pola avogada, consultora en comercio exterior, Ana Díaz-Becerra.

O curso ten por obxecto ofrecer unha visión xeral sobre a loxística no comercio exterior. O programa docente contará cunha descrición da cadea loxística internacional, a organización do transporte internacional, a elección de alternativas loxísticas e a documentación do comercio exterior.

Actualmente, a loxística ten unha estreira relación co comercio internacional, ao ser actividades que experimentan un crecemento considerable nos últimos tempos pola libre circulación de mercadorías entre as diversas áreas de mercado internacional.

Ademais, a loxística é unha actividade que responde de forma inmediata aos requerimentos precisos para iniciar o exercicio comercial entre empresas ou organizacións exportadoras e importadoras, establecendo unhas regras de xogo nas operacións internacionais.

A distribución e o aprovisionamento de bens procedentes doutros países forzan ás empresas a deseñar e executar estratexias conxuntas para a comercialización e o movemento eficiente de materiais. A produtividade e competitividade son condicións que o exportador deberá ter para insertarse de maneira eficiente nos mercados internacionais, ademais das relación cos clientes e a xestión dos seus pedidos.