O viveiro de empresas organiza mañá un taller para contaxiar o éxito empresarial aos emprendedores

davidA incubadora recibirá pola tarde a visita dun grupo de corenta mozos dun intercambio xuvenil europeo do programa Juventud en Acción

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella, rúa República Checa, 40) presenta mañá luns, 25 de febreiro, un taller para emprendedores en busca do éxito empresarial. O responsable de impartir a conferencia, que se celebrará ás 20:00 horas, será o consultor e formador da empresa López Marketing, David López.

Este taller está destinado a emprendedores, comerciais de pemes e grandes empresas. A súa finalidade é explicar de que depende a viabilidade dun proxecto empresarial. Segundo David López, hai dúas emocións básicas que definen o éxito dun negocio, a pasión e o medo. A capacidade de xestionar as emocións por parte do emprendedor definirá o resultado. Ademais, o experto apunta que hai outra variable que afecta á prosperidade dunha empresa, o arte de vender. “O punto débil dos comerciais é salvar obxeccións para pechar ventas, unha serie de obstáculos que só implican unha pequena parte de tempo e esforzo pero supoñen o 100% dos ingresos” –indica–.

Novos emprendedores europeos

Por outra parte, o viveiro de Costa Vella recibirá mañá, ás 17:00 horas, a corenta mozos e mozas participantes nun proxecto de intercambio xuvenil europeo, “Jóvenes emprendedores”, financiado polo programa Juventud en Acción en colaboración coa Asociación Xuvenil Fusquenlla. Este grupo de mozos, procedentes de Kirsehir (Turquía), Giulianova (Italia), Paszto (Hungría) e Figueira de Foz (Potugal) coñecerán o funcionamento da incubadora empresarial da man da súa responsable, Rosa Cardeso. Durante a visita, os rapaces terán a posibilidade de entrevistarse cos actuais emprendedores instalados e coñecer os seus inicios como empresarios para despertar o seu espírito emprendedor.