A Cámara de Comercio de Santiago xestionará a obtención dunha guía de circulación para Portugal

portugalEsta normativa da aduana lusa afecta aos vehículos de uso profesional, cunha tara máxima de 3.500 quilogramos

A Cámara de Comercio de Santiago informa ás empresas da súa demarcación cameral de que a circulación dun vehículo en territorio portugués para uso profesional –conducido por un traballador vinculado á empresa propietaria do vehículo– está condicionada á obtención previa dunha guía de circulación emitida pola aduana portuguesa. Esta guía exime de pagar o imposto de circulación portugués e ten carácter gratuíto, pero non posuíla pode conlevar sancións considerables. Afecta a vehículos con tara igual ou inferior a 3.500 quilogramos.

A Lei nº 22 – A/2007, do 29 de xuño, que regula a admisión temporal en Portugal, permite introducir vehículos durante un máximo de 183 días para persoas non residentes que non exerzan profesión en territorio portugués ou actividade remunerada. Estas persoas poden circular sen ter que cumprir coas obrigas fiscais do imposto sobre vehículos, pero teñen que estar acreditados a este réxime de admisión temporal coa guía de circulación.

Para a súa tramitación os interesados teñen que presentar na Cámara de Comercio de Santiago a documentación pertinente. Para más información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Internacionalización da Cámara de Comercio de Santiago. A persoa de contacto é Marien Varela (Tel: 981 596 800; Fax: 981 590 322).