As empresas asociadas á Cámara de Comercio de Santiago de Compostela recibirán o apoio do Banco Sabadell

SabadellA entidade bancaria pon a súa disposición unha liña de crédito de cincuenta millóns de euros para dar cobertura as súas necesidades financeiras

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Banco Sabadell asinaron hoxe un convenio de colaboración que inclúe o acceso a unha liña de crédito por valor de cincuenta milóns de euros para as empresas vinculadas ao ente cameral coa que a entidade financeira pretende facilitar e dar cobertura as súas necesidades financeiras, tanto de ámbito nacional como internacional. O acto de sinatura, que se celebrou no salón de actos da Cámara compostelá, estivo presidido polo presidente cameral, Jesús Asorey, e o máximo responsable del Banco en Galicia e subdiretor General de Banco Sabadell, Pablo Junceda.

 

 

O acordo tamén prevé o acceso das empresas a un servizo de pago inmediato aos proveedores que permite o aprazamento da data de cargo ao ordenante e ao programa “Exportar para crecer” de Banco Sabadell, baseado nun préstamo vinculado á aplicación de negocio internacional da empresa.

Precisamente, a internacionalización é un dos puntais do convenio, que acorda a promoción da exportación das empresas cun plan para establecer relación internacional a través do servizo de prospectiva de mercados da Cámara co apoio especializado en operativa económica internacional da rede do banco, que posúe máis de 2.000 corresponsais en cinco continentes.

O convenio aposta igualmente pola formación, de forma especial no ámbito do comercio internacional, e pola organización de sesións informativas e de apoio á internacionalización das empresas galegas.

A Cámara de Comercio de Santiago prosegue cos seus esforzos continuados de apoio ao emprendemento, como motor de progreso económico e social. A entidade cameral dirixe un viveiro de empresas que actualmente alberga a quince empresas con ubicación física e dezaoito firmas no viveiro virtual, mantendo unha taxa de supervivencia do 78% pero co reto de favorecer a xeración de novos proxectos e o obxectivo de alcanzar a súa consolidación. Na súa determinación por fomentar o emprendemento e buscar financiamento para futuros proxectos empresariais, as empresas da área cameral de Compostela poderanse beneficiar da “Conta Expansión Negocios para Emprendedores”. Con esta liña, o Banco Sabadell ofrece un conxunto de servizos financeiros e non financeiros axustados ás necesidades de autónomos, comercios e outras empresas.