Yáñez S.L. e Mª José García Gómez completarán o pleno da Cámara de Comercio de Santiago

Jess_AsoreyObtiveron 106 e 105 votos respectivamente fronte a 3 de Casty-Romer nas eleccións celebradas onte

Os tres candidatos optaban a dúas vocalías da 1ª categoría do Grupo 5 de Comercio, onde había 2.252 electores


A Cámara de Comercio de Santiago celebrou onte eleccións nas súas sedes de Santiago e Boiro, nunha xornada que transcorreu con normalidade e sen incidencias. Só había votacións na 1ª categoría do Grupo 5 de Comercio, onde tiña dereito a sufraxio 2.252 electores. Contáronse 216 votos coa seguinte distribución:

-    Yáñez S.L. = 106
-    María José García Gómez = 105
-    Casty-Romer = 3
-    Votos nulos = 2
O 18 candidatos restantes foron proclamados electos anteriormente pola xunta electoral, ao non presentarse ningunha alternativa, que son: Mármoles Alende S.L., José L. Rodríguez DacaL, Cartonajes Compostela S.L., Grupo Forma, Diseño y Construcción S.L., Alcomte Galicia Misturas Obras, Exclusivas Centauro S.L., Dado Dada S.L., Hotel Restaurante O Pino S.L., Eloy Gesto Ferreiro, Casa Santos S.C., Hostal Residencia Mexico S.L., Jesús Asorey Carril, Jesús Pena Duarte, J. Evaristo R. Carracedo S.L., Sarela S.L., Federación Gallega Ins. Síndrome Down, Tiendas de Conveniencia S.A. e Asociación Provincial Hospedaje.

O proceso electoral continúa agora coa elección, por parte dos 20 candidatos electos por sufraxio directo, doutros 3 de 4 que xa propuxo a Confederación de Empresarios de Galicia, un procedemento que concluirá a finais de maio.

O pleno da Cámara, integrado por 23 vocalías, constituirase a continuación e elixiranse o presidente e o comité executivo.