A Antena Local de Boiro atendeu un total de 1.897 consultas empresariais nos catro últimos anos

A Antena Local de Boiro atendeu un total de 1.897 consultas dos emprendedores, empresas e colectivos empresariais da comarca durante o período 2006-2009, das cales 770 foron atendidas durante o pasado ano.

O 13,06% dos usuarios deste servizo foron emprendedores; os empresarios representaron o 65,3% do total de usuarios, os colectivos de empresas o 1,68% (aínda que o volume de consultas que realizan na antena supón un 32,68% sobre o total), e cun 19,96% figuran outros usuarios.

No que respecta ao orixe dos usuarios da antena cameral, o 60,05% dos usuarios deste servizo foron emprendedores que pertencen á localidade de Boiro, mentres que o 39,95% ao resto da comarca do Barbanza. Dos empresarios que realizaron consultas, o 59,20% corresponden a Boiro e o 40,8% restante as demais zonas do Barbanza. Do total das consultas realizadas o 30,3% foron en relación a subvencións, o 20,1%  a comercio interior, o 0,5% a comercio exterior, o 18,6% referente a reclamacións varias (telefonía, proveedores…), e un 30,5% a servizos camerais.

Ademais do servizo de consultas, a demarcación cameral realizou un total de 384 visitas ás empresas das localidades da zona coa finalidade de dar a coñecer a oficina, a súa ubicación e os servizos que presta. Do total de visitas, un 63,13% foron empresas ubicadas no Concello de Boiro e un 36,87% no resto de localidades de Barbanza.

Indicador de Confianza empresarial

Unha das actuacións máis relevantes foi a constitución do observatorio económico do Barbanza, que mediante unha serie de reunións periódicas presentaron propostas para planificar as actividades desde a Antena, atendendo ás peticións dos propios membros do observatorio, ademais de coñecer a realidade empresarial da zona.

Froito destas reunións comezouse a elaborar en 2009 o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da comarca do Barbanza, que se obtén con carácter trimestral da extrapolación de datos das enquisas realizadas a máis de 500 empresas dos concellos do ámbito de actuación da antena cameral (Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son). Realizáronse tres indicadores trimestrais con datos referentes á confianza do empresariado no memento actual e a confianza do empresariados para os tres meses seguintes (perspectiva). Ademais, leváronse a cabo un total de 61 accións formativas no período de 2006 a 2009 e no último ano programáronse 24 accións cunha asistencia de 626 alumnos.

A Antena Local de Boiro, xurdiu dentro do “Proxecto Antenas” da Cámara de Comercio de Santiago, co fin de promover o acceso igualitario aos servizos da Cámara, eliminando as barreiras territoriais, e mellorando o grao de información existente sobre as necesidades e opinións das pemes, adecuando deste xeito a formación cameral dirixida a elas.