A Cámara de Comercio de Santiago celebra este xoves as eleccións á primeira categoría do grupo de Comercio

Hai tres candidatos, Yáñez S.L., Mª José García Gómez e Casty-Romer, para elixir dúas prazas

Poderán acudir ás urnas un total de 2.252 electores deste grupo cinco de Comercio


Un total de 2.252 electores da primeira categoría do Grupo Cinco de Comercio da Cámara de Comercio de Santiago poderán elexir este xoves 22 de marzo aos candidatos para as dúas prazas do seu grupo. A esta candidaturas optan Yáñez S.L., Mª José García Gómez e Casty-Romer.
O 18 candidatos restantes foron proclamados electos anteriormente pola xunta electoral (Mármoles Alende S.L., José L. Rodríguez DacaL, Cartonajes Compostela S.L., Grupo Forma, Diseño y Construcción S.L., Alcomte Galicia Misturas Obras, Exclusivas Centauro S.L., Dado Dada S.L., Hotel Restaurante O Pino S.L., Eloy Gesto Ferreiro, Casa Santos S.C., Hostal Residencia Mexico S.L., Jesús Asorey Carril, Jesús Pena Duarte, J. Evaristo R. Carracedo S.L., Sarela S.L., Federación Gallega Ins. Síndrome Down, Tiendas de Conveniencia S.A. e Asociación Provincial Hospedaje).

Haberá dúas mesas electorais abertas para que os electores poidan exercer o seu dereito ao voto, a mesa de Boiro –Casa da Cultura Ramón Martínez López (Avenida da Constitución, s/n) –, onde se atopa a antena local que abarca aos concellos de Boiro, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Porto do Son; e a mesa de Santiago de Compostela –sede cameral (San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), cos concellos do resto da súa área cameral: A Baña, Ames, Arzúa, Brión, Boimorto, Boqueixón, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar).

Estas dúas mesas permanecerán abertas desde as 9:00 horas ata as 21:00 horas do próximo xoves-22. Aproximadamente ás 22:00 horas daranse a coñecer os nomes dos candidatos gañadores da categoría primeira do Grupo de Comercio.