A Cámara de Comercio de Santiago fomenta estudos empresariais na comarca do Barbanza para facilitar a toma de decisións dos empresarios da zona

O Indicador de Confianza Empresarial (ICE) realízase a través da extrapolación de datos das enquisas feitas a máis de 500 empresas dos municipios de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son

A entidade cameral organiza, co Centro Empresarial da Construcción do Barbanza, unha xornada o próximo 29 de abril sobre a seguridade social nas empresas


A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela leva máis de un ano realizando un informe sobre o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da comarca do Barbanza.
O ICE, de carácter trimestral, elabórase desde o Observatorio Económico da Antena Local da Cámara compostelá en Boiro, a través da extrapolación de datos das enquisas realizadas a máis de 500 empresas dos municipios de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Riveira e Porto do Son,  empregando o Índice de Situación, que fai referencia á confianza dos empresarios no momento actual, e o Índice de Expectativas, que se refire á confianza dos empresarios nos próximos tres meses.  

O Observatorio Económico da Antena Local está composto polo Concello de Boiro, Rianxo, Ribeira, Pobra do Caramiñal e Porto do Son, ademais da Asociación Boirense de Empresarios, Asociación Rianxeira de Empresarios, Asociación de Empresarios de Ribeira, Centro Empresarial da Construcción do Barbanza, Centro Comercial Aberto ODean-Pobra do Caramiñal, Federación de Empresarios de Barbanza, Asociación Sonense de Empresarios e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

Segundo o presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, trátase dun documento de gran utilidade para empresarios, Administración e a propia sociedade, con información rigorosa e relevante que analiza a situación e a evolución económica da comarca. A Cámara de Comercio de Santiago agradece a participación activa de todos os participantes, “sen cuxo traballo este informe non sería posible”.

Xornadas de formación para os empresarios barbanceses

Durante este mes de marzo, a Cámara de Comercio de Santiago organizou unha xornada formativa sobre Visual Merchandising para comerciantes do Barbanza. Celebrouse o 2 de marzo en Pobra do Caramiñal (en colaboración coa Asociación do Pequeno Comercio de Pobra do Caramiñal), cunha asistencia de 20 empresarios, e o 3 de marzo en Ribeira, onde se derón cita 25 persoas nunha xornada organizada en colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira.

Esta xornada estivo impartida por Carlos Aires, experto en marketing visual da empresa Marketng Jazz de Madrid. O obxectivo da xornada foi ofrecer as claves para que os comerciantes entendan que perciben e sinten os seus clientes a partir das sinais que emite o seu establecemento, a través de recursos creativos e de xerar ideas para fomentar a influencia dos seus escaparates nos potenciais clientes (espazo, luz, cpr, formas, ambientes, confort, movemento e claridade).

Os asistentes participaron en sesións prácticas por equipos (de un máximo de 5 persoas) onde tiñan que aprender a mellorar unha parte do seu comercio, analizando distintas fotografías, valorando a imaxe que trasmiten e propoñendo solucións de acordo as súas posibilidades reais.

A próxima xornada celebrarase o 29 de abril en Ribeira, en colaboración co Centro Empresarial da Construcción do Barbanza, ás 20:30 horas. Trátase dunha xornada sobre a Seguridade Social. Dereitos e Obligacións de Traballadores e Empresarios. Abordaranse aspectos relacionados co custo en seguridade social nas empresas, a incapacidade temporal dos traballadores e as obligacións de empregados e empresarios ante unha situación de incapacidade temporal.